Isis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Engadinlle unha categoría
Lles (conversa | contribucións)
Liña 4:
== Iconografía ==
[[Ficheiro:Egypte louvre 029.jpg|dereita|150px|miniatura|Isis nai.]]
Isis é representada como muller co [[xeroglífico]] do "trono" ''Ast'' sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un toucado co disco solar, por ser filla de [[Ra (deus)|Ra]], o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de [[milano]], abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa [[maternidade]]. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.
 
Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da [[Dinastía XVIII de Exipto|dinastía XVIII]] e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa [[Hathor]], xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o [[sistro]] e o [[menat]] (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o [[Ankh]] (anj) e un bastón [[papiro|papiriforme]].