Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazóns internas.
Liña 98:
A partir de 1823, coa restauración do absolutismo, prodúcese unha grande represión contra os liberais (ábrense nesta época 20.000 expedientes) e abólese novamente a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]]. Danse asemade intentonas ultraabsolutistas contra Fernando VII.
 
O país pasa por unha crise sucesoria pola falta de fillos de Fernando VII, que pola posibilidade de que tivese unha filla promulga a [[Pragmática sanciónSanción de 1830|Pragmática Sanción]], que anulaba a [[Lei sálica]] que impedía gobernar ás mulleres.
 
Isto non foi aceptado polos partidarios do seu irmán [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] (os denominados ''apostólicos''). E co nacemento da futura [[Isabel II de España|Isabel II]] en [[1830]] e a morte do seu pai en [[1833]], comezan as [[Guerras Carlistas]].
Liña 107:
 
== Sucesión ==
Desde 1713 estaba en vigor a Lei sálica, que impedía reinar ás mulleres. En 1789, as Cortes aprobaron unha [[Pragmática sanción|Pragmática Sanción]] que a derrogaba, pero esta no foi publicada ata 1830, cando o Rei, no seu cuarto matrimonio, con [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina de Borbón]], esperaba un sucesor. Pouco despois, naceu a princesa Isabel. Na Corte formouse entón un grupo que defendía a candidatura ao trono do irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón, e negaba a legalidade da Pragmática, publicada en 1830.
 
En 1832, coa ocasión dunha grave enfermidade do Rei, cortesáns carlistas convenceron ao ministro [[Francisco Tadeo Calomarde]] para que Fernando VII firmara un Decreto derrogatorio da Pragmática, que deixaba outra vez en vigor a Lei sálica. Coa melloría do Rei, o Goberno, dirixido por [[Francisco Cea Bermúdez]], deu de novo vigor á Pragmática, co que á morte do Rei, o [[29 de setembro]] de [[1833]], quedaba, como herdeira, a súa primoxénita Isabel, que reinaría co nome de Isabel II<ref name="cervantesvirtual.com"/>. Aínda que a súa viúva María Cristina de Borbón, exerceu como rexente de España até que Isabel, chegase a maioría de idade para reinar.