Avalon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Localización ==
A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do [[século XI]] algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en [[Glastonbury]], onde antes de que a zona da chaira de [[Somerset]] fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unaunha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval [[Giraldus de Cambrai]], durante o reinado de [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]], o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba ''Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia.'' ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.
 
En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.