Freguesía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 5:
 
== En Portugal e no antigo Imperio Portugués ==
En Portugal unha freguesía é unha división administrativa obrigatoria para todos os [[Municipio|concellos]], isto quere dicir que todos deben ter polo menos unha, agás o de [[Vila do Corvo]], onde esta división territorial non existe. As freguesías son gobernadas por unha ''junta de freguesia'' (xunta de freguesía), un órgano executivo que é elixido polos cidadáns censados no respectivo territorio.
 
En Portugal existen 4257 freguesías, con extensións que van dos 100 km² a apenas algunhas hectáreas, e poboacións de ducias de persoas a ducias de milleiros de habitantes. Os municipios son os encargados de propor e crear novas freguesías no seu territorio, que deben obedecer a un conxunto de criterios fixados por lei. En Portugal hai 5 concellos que constan dunha soa freguesía, e o concello de [[Barcelos]] ten 89, por exemplo.