Diferenzas entre revisións de «Psoríase»

m
Arranxiño
m (non sobraba, estaba sen contraer coa conxunción "ca")
m (Arranxiño)
[[Ficheiro:Psonail.jpg|thumb|Psoríase ungeal]]
 
A '''psoríase'''<ref>Termo en galego en ''Vocabulario de medicina'', Universidade de Santiago de Compostela / Consellería de Sanidade, 2008, e ''Diccionario galego de termos médicos'', Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002</ref> (do grego ''psora'' "coceira", "comechón" + ''-sis'' "acción, condición") é unha doenza inflamatoria crónica da pel, que pode afectar as mucosas, as unllas e até as articulacións. Acontece en homes e mulleres de calquera idade, sendo frecuente o seu aparecemento na terceira década de vida. Caracterízase pola presenza de lesións avermelladas, ben delimitadas, descamativas, en calquera parte do corpo. Presenta períodos de mellora e empeoramento ao longo da súa evolución. A psoríase pode levar a un empeoramento na calidade de vida dos pacientes, por mor dado rexeitamento das persoas que os cercan, que poden pensar, erróneamente, que é contaxioso.
 
Agrávase por factores psicolóxicos, estrés, frío, baixa humidade, inxestión de alcol e tabaco e [[corticosteroide]]s. Non é contaxiosa, a súa causa máis frecuente é xenética asociada a factores psicolóxicos. A escolla do tratamento debe facerse considerándose a gravidade e a extensión do cadro clínico e do compromiso psicoemocional.<ref>Arruda, Lúcia Helena Fávaro; Campbell, Gladys A. M; Takahashi, Maria Denise F. Psoríase/Psoriasis. An. bras. dermatol;76(2):141-167, mar.-abr. 2001.</ref> Atinxe do 2% a 3% da poboación mundial sendo máis frecuente en persoas brancas (cerca de 80% dos casos) con vulnerabilidade xenética.<ref name=USP>CARNEIRO, Sueli Coelho da Silva. Psoríase : mecanismos de doença e implicações terapêuticas [online]. São Paulo : Faculdade de Medicina, Universidade de São Paulo, 2007. Tese de Livre Docência em Dermatologia. [acceso 2012-08-17]. Dispoñível en: <http://www.teses.usp.br/teses/disponiveis/livredocencia/5/tde-16032009-152131/>.</ref>
106.888

edicións