Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
*reflecte->reflicte
Liña 71:
Tamén é común a crenza de que a [[a auga na cultura popular galega|auga]], que lava tanto a sucidade como as enfermidades ou, en xeral, o Mal, alcanza nesta noite propiedades máxicas superiores ás que poida ter no resto do ano. Por iso, acódese a ríos e fontes a practicar certos rituais, preferentemente ás máis próximas a mosteiros e santuarios, que transfiren a súa sacralidade á auga. Así, na fonte da Moza, na [[A Veiga|Veiga]] (Ourense), aparécese esta noite unha moura a peitea-los seus cabelos; esta mesma lenda está presente en moitos outros lugares de Galicia, como por exemplo no outeiro de Vimieiros (en [[Celanova]], Ourense)<ref>José Manuel Jesús Hidalgo: [http://vigoetnografico.blogspot.com/2009/02/el-tema-de-la-serpiente-en-la_14.html "El tema de la serpiente en la arqueología de Galicia"], ''Vigo etnográfico'', 14 de febreiro de 2009 {{es}}.</ref> ou no lugar de Doniz (en [[Espiñoso, Cartelle|Espiñoso]], [[Cartelle]]). Na fonte de Bexán, en [[Cambados]], báñanse os enfermos de [[mal de ollo]] para rompe-lo feitizo. Na [[A Gudiña|Gudiña]], as [[meiga]]s reparten a auga que lle toca a cada veciño.
 
Chámase ''flor da auga'' á tona, a capa máis superficial, na que se reflectereflicte o [[sol]] ó mencer e que por tal motivo posúe un misterioso efluvio que gardan as ninfas ou ''xanas'' da auga<ref>Lémbrese que a auga da [[pía bautismal]] debía ser bendecida ó mencer para ser sagrada.</ref>. No caso dunha fonte, este poder teno a primeira auga que deita no mencer. Nesta noite de san Xoán, a ''flor da auga'' transmite as súas propiedades de saúde e beleza ás mozas que laven a cara nas fontes nas que habiten estes seres. Esta mesma operación tamén serve para esconxura-las meigas:
::''Día de san Xoán, alegre''
::''meniña, vaite lavar,''