Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 49:
 
Barítono ou tenor? Pode ser ambos? Intermedio (eu usaría un guión)? Eu mesmo son barítono, pero chúzanme a baixo ou tenor segundo conveña, pero ser, son barítono. ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 6 de febreiro de 2018 ás 11:33 (UTC)
:Ola, [[Usuario:Sobreira|Sobreira]]. Pois o certo é que dende o principio dubidei se pór ese apartado ou non, precisamente pola ambigüidade do criterio. Debemos ter en conta que non estamos a falar dun cantante de coro (que se rexe a miúdo máis polas necesidades, ou carencias, do grupo ao que pertence ca pola idoneidade da propia voz do cantor), senón dun cantante solista. En base a esto cinguinme estritamente ás gravacións publicadas polo intérprete e aos programas de concerto dos que dispoño (Exemplo: [http://www.ub.edu/museuvirtual/material/pdf/noticies/53_es_concert_200110209.pdf ''Les cançons gallegues dels grans compossitors'']), que abranguen roles tanto de tenor como de barítono (ou mesmo de baixo nalgunha gravación. Exemplo: [http://www.cantigas.fcsh.unl.pt/versaomusical.asp?cdvm=439 ''Cantiga III - Pois vós, filha, queredes mui gram ben'']). Ante a dúbida busquei na wikipedia outros cantantes solistas e vin, por exemplo, no caso de [https://ca.wikipedia.org/wiki/Pl%C3%A1cido_Domingo Plácido Domingo] que tamén se segue o mesmo criterio. No tocante á posibilidade de usar ou non un guión, a verdade é que non o sei; anque, ao meu xeito de velo, se lle pomos guión estariamos precisamente a categorizar que se trata de alguén que é un "barítono-tenor"; en cambio se pomos "barítono, tenor", simplemente queda constancia dunha realidade obxectiva baseada no traballo público do artista. Outro exemplo, como curiosidade, é o de [https://es.wikipedia.org/wiki/Yma_Sumac Yma Sumac], onde se chega a pór que foi nada menos que "soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono", cousa que, na miña humildísoma opinión, simplemente non é certo, e ese artigo requeriría dunha severa revisión máis obxectiva :) Grazas polo teu interese! --[[Usuario:Dianaoxea|Dianaoxea]] ([[Conversa usuario:Dianaoxea|conversa]]) 7 de febreiro de 2018 ás 09:45 (UTC)