Diferenzas entre revisións de «Heparina»

sen resumo de edición
(engado control de autoridades)
 
=== Propiedades químicas ===
O [[ácido nitroso]] pode utilizarse tamén para despolimerizar quimicamente a heparina e o heparán sulfato. O ácido nitroso pode utilizarse a [[pH]] 1,5 ou a pH maior de 4. En ambas as condicións os efectos [[desaminación|desaminativos]] do ácido nitroso cortan a cadea de heparina.<ref>{{Cita publicación periódica | author= Shively JE, Conrad HE. | title = Formation of anhydrosugars in the chemical depolymerization of heparin | journal= Biochemistry | year=1976 | volume=15 | issue=18 | pages=3932–3942 | pmid = 9127 | doi = 10.1021/bi00663a005}}</ref> Tanto a pH maior de 4 coma a 1,5, a escisión desaminativa da cadea ocorre entre GlcNS-GlcA e GlcNS-IdoA, pero sempre a unha velocidade menor no pH alto. A reacción de desaminación, e, por tanto, a escisión da cadea, é independente da O-sulfatación de cada unidade monosacárida.
 
A pH baixo, a escisión desaminativa da cadea causa a liberación de SO<sub>4</sub> inorgánico, e a conversión da GlcNS a [[anhidromanosa]] (aMan). O tratamento con ácido nitroso a pH baixo é un excelente método para distinguir os polisacáridos N-sulfatados, como a heparina e o heparán sulfato, dos polisacáridos non N-sulfatados, como o [[condroitín sulfato]] e o [[dermatán sulfato]], estes últimos non susceptibles á escisión por ácido nitroso.
187.785

edicións