Lingua lituana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
Algúns lingüistas pensan que o lituano é a lingua que máis trazos conserva do antigo [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]]. As linguas bálticas orientais afastáronse das occidentais entre os séculos [[século V|V]] e [[século VII|VII]]. A diferenciación entre o lituano e o [[lingua letoa|letón]] deuse a partir do [[século IX]]; entre estes dous existiron dialectos de transición ata, cando menos, o [[século XIV]] e, posibelmente, o [[século XVII|XVII]]. A ocupación da bacía do [[Daugava]] por parte da [[orde militar]] alemá dos [[Irmáns da Espada]] entre os séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]] (coincidindo co territorio da Lituania actual), contribuíu ao desenvolvemento autónomo desta lingua.
 
O texto máis antigo existente é unha tradución de himnos de entre [[1503]] e [[1525]]. Publicáronse libros a partir de [[1547]], mais o nivel de [[alfabetización]] dos [[pobo lituano|lituanos]] foi moi baixo até o [[século XVIII]] e non había moitos títulos. En [[1864]], após o [[Erguemento de Xaneiro]], [[Mikhail Nikolayevich Muravyov|Mikhail Muravyov]], Gobernador Xeral Ruso de Lituania, prohibiu a utilización do lituano na educación e na imprenta e mesmo prohibiu a utilización do [[alfabeto latino]]. Algúns libros continuaron a ser imprimidos en [[Prusia Oriental]] e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Introducidos no país por [[Knygnešiai|traficantes de libros]], contribuíron a soster o sentimento nacionalista até que se levantou a prohibición en [[1904]]. [[Jonas Jablonskis]] ([[1860]]-[[1930]]) contribuíu moito á formación do padrón lingüístico lituano. As convñencións do lituano escrito foran evolucionando durante o [[século XIX]], mais Jablonskis, na introdución á súa ''Lietuviškos kalbos gramatika'' foi o primeiro en formular e expor os principios esenciais, baseados no dialecto alto-lituano occidental. O lituano foi a lingua oficial de Lituania desde [[1918]]. Durante a ocupación [[Unión Soviética|soviética]] utilizouse oficialmente xunto co [[lingua rusa|ruso]], a cal, ao ser a lingua oficial da Unión Soviética, tiña primacía sobre o lituano.
 
== Clasificación ==
Liña 188:
== Vocabulario ==
=== Empréstimo léxicos ===
O vocabulario básico do lituano non conta con moitos empréstimos. Algunhas palabras, coñecidas como ''senieji skoliniai'' ("empréstimos vellos") proveñen dos veciños próximos (eslavos e xermanos). Normalmente, cando os eslavos ou os xermanos introducían un concepto ou obxecto novo, os [[pobo lituano|lituanos]] utilizaban a mesma palabra para ese concepto ou obxecto cos axustes mínimos para adaptala ao sistema fonolóxico. Son palabras como ''stiklas'' ("cristal", do eslavo ''steklo''), ''muilas'' ("xabrón", do eslavo ''mylo''), ''gatvė'' ("rúa", do xermánico ''gatwo") ou ''spinta'' (moble para gardar cousas, lacena, armario, andel etc., do alemán ''Spind'').
 
No [[século XX]] incorporáronse basantes [[Internacionalismo (lingüística)|internacionalismos]], como ''ekonomija'', ''schema'', ''kosmosas''. Outros son híbridos, isto é, unha raiz é internacional e a outra lituana, como ''šviesoforas'' ("semáforo", literalmente "porta-luz").