A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Vexetación: Rubus ulmifolius
Liña 180:
A chegada do [[millo]] e a da [[pataca]], a finais do [[século XVIII]], contribuíu a gran crecemento demográfico, o que obrigou a poñer en explotación terras baldeiras ata entón e a construción de novas vilas. A finais do [[século XIX]], as viñas sufriron a peste da filoxera que obrigou a abandonar o seu cultivo ata ven entrado o [[século XX]].
 
=== [[Idade Contemporánea]] ===
Durante a [[Idade Contemporánea]] o concello comeza a adquirir servizos e a desenvolverse. En [[1850]] construíuse a estrada entre [[Lugo]] e [[O Barco de Valdeorras|Valdeorras]] pasando pola Pobra. No ano [[1883]] o rei [[Afonso XII]] inaugurou a liña de [[ferrocarril]] entre [[Madrid]] e [[A Coruña]], que pasa polo concello da Pobra do Brollón. No lugar da [[A Estación, A Pobra do Brollón|Estación]] construíuse unha [[estación da Pobra do Brollón|estación]] que aínda funciona na actualidade e que lle dá nome a este lugar.
 
A principios do [[século XX]] aumentou notablemente a poboación e tivo 7.992 habitantes en [[1900]], chegando aos 8.116 en [[1950]]. Dende entón a poboación non cesou na súa regresión e agora conta con pouco máis dunha cuarta parte, 2.201 habitantes en [[2007]], debido á emigración dos anos 60 e 70 e da alta idade media da poboación.