Antigo alto alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
lig int
Liña 35:
* Ningún dialecto do alemán era falado ao leste do [[río Elba]]; no período do antigo alto alemá a área estaba ocupada por pobos eslavos, e non houbo asentamentos de pobos xermanos ata o século XII.
* O dialecto longobárdico, dos lombardos, que invadiron o norte de Italia no século VI, pode ser un dialecto do alto alemán, aínda que queda pouca evidencia.
* Os [[francos]] conquistaron o norte da Galia, así como o sur do [[Río Loira, (Francia)|Loira]]; a fronteira lingüística estableceuse logo aproximadamente ao longo do curso do [[río Mosa|Mosa]] e o [[Río Mosela|Mosela]], con francofalantes francos máis ao oeste, que foron romanizados.
Coa vitoria de [[Carlomagno]] sobre os lombardos en [[776]], toda a xente que falaba alto alemán fora incorporada ao Imperio Franco. Os [[saxóns]] e os frisóns tamén foron dominados por Carlomagno, co que todos os falantes de xermánico occidental do continente quedaron baixo o goberno dos francos. Con todo, xa que a linguaxe da administración e da igrexa era o latín, está unificación non levou a ningún desenvolvemento de variedade suprarrexional ningunha do alemán ata que naceu o alto alemán recente.