Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Traxectoria: Lagos, Nixeria
Foi destinado ás freguesías de [[Estoi]], [[Martinlongo]], [[Castro Marim]] e [[Alferce]], onde exerceu entre 1886 e 1888. Nesa época iniciouse na actividade literaria, e en 1888 publicou a obra ''Contos ao Lar'' co [[pseudónimo]] de Júlio Ventura. Os relatos están inspirados en lendas do [[Algarve]], especialmente do concello de [[Monchique]], como a coñecida ''Louca dos Pisões''.
 
Tamén neste período iniciou a súa participación na prensa, con colaboracións na publicación local ''O Patriota'', dirixida por [[António Lobo de Almada Negreiros]], o pai de [[Almada Negreiros]]. Mantivo esta colaboración durante moitos anos, sendo posteriormente correspondente do xornal en [[Lagos, Nixeria|Lagos]]<ref name="barlavento.pt"/>. Colaborou tamén na revista algarvia ''Alma nova: revista ilustrada'', aparecida en Faro en 1914<ref>[http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/Periodicos/AlmaNova/AlmaNova.htm Alma nova: revista ilustrada (1914-1930)] (copia dixital)</ref>. Máis interesado na docencia ca na labor pastoral, pediu o seu traslado como profesor do Seminario de São José, en [[Funchal, Madeira|Faro]], mais non lle foi concedido.
 
En [[1889]] foi nomeado capelán do Rexemento de Infantaría n.º 15 de Lagos. Alí mantivo unha intensa actividade social e cultural, e creou unha escola particular para estudos secundarios e o xornal ''O Lacobrigense'' (1891), que dirixiu e editou. No periódico publicou varios traballos relacionados coa cultura do Algarve relativos á [[etnografía]]. Despois foi destinado a Santarém, onde seguiu como docente e como estudoso da filoloxía. Máis tarde pasou a ser capelán do Rexemento de Infantaría n.º 17 de [[Beja]], cidade na que tamén foi profesor no instituto e no seminario.
101.424

edicións