Diferenzas entre revisións de «Castro Caldelas»

m
→‎Historia: arranxiños
(quito poboación, obtido de wikidata)
m (→‎Historia: arranxiños)
 
== Historia ==
Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do [[megalitismo en Galicia|megalitismo]], debido á existencia de varias [[mámoa]]s no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na [[idade dode bronce]] unha comunidade gravou varios [[petróglifo]]s en Veiga de Sas. Da [[idade dode ferro]] a [[cultura castrexa]] deixou os restos da varios [[castro (poboado)|poboados]]: o [[castro de Paradela]], o [[castriño da Cerca]] (Serra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos [[tiburos]].
 
A [[romanización de Galicia]] iniciouse entre os anos [[-137|137]] e [[-19|19 a.n.e.]]. Pola zona pasaba a ''[[Vía Nova]]'', calzada romana que unía [[Braga]] a [[Astorga]], vía XVIII do [[itinerario de Antonino]]. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a ''Mansio Praesidium''<ref>[https://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:p7Yk_mmBPcoJ:www.uaum.uminho.pt/edicoes/revistas/ca_II_12_13/CA%252012_13%2520Mansiones%2520y%2520mutationes%2520en%2520la%2520Via%2520Nova.pdf+Mansion+Praesidium&hl=es&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESg3KsOtGnRGK-U2KxELtYBAWGHmZxDSZiXWyZ_lhmJslhJsprI_v6yjVwYz-eGMUp00ihkSKh9YSNgn4wvYMcv-2QPxMN6vV8vgnkM-ONytEjsTveo-JY50K0D3sYOXuaB8I7BK&sig=AHIEtbTYmd-LzW97jZ-sx75LxZIBmczsHQ Rodríguez Colmenero, Antonio: "Mansiones y mutationes en la Vía Nova" en ''Cuadernos de Arqueología'' Serie II 12-13 1995 pp.89-112]</ref> ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador [[Nerva]] no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de [[Hadriano (emperador)|Hadriano]] e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo.
104.756

edicións