Diferenzas entre revisións de «Fada»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
[[Ficheiro:SophieAndersonTakethefairfaceofWoman.jpg|miniatura|376x376px|Unha fada pintada por [[Sophie Anderson]] (1869).]]
As '''fadas'''<ref>{{DRAG|fada}}</ref> (do [[Lingua latina|latín]] ''fata'') son seres mitolóxicos do folclore europeo, unha forma de [[Espírito|espíritos]]<ref name="Briggs2">Briggs (1976) – ''The Fairies in English Tradition and Literature'' p. xi.</ref> da [[natureza]] que a coidan e axudan a menter o seu equilibrio. O seu nome en latín significa [[destino]], xa que as fadas son unha transposición das [[moiras]] [[Mitoloxía grega|gregas]], unhas criaturas que aparecen o terceiro día do nacemento dun neno para predicir o seu futuro.
 
Dende o [[romanticismo]], son representadas como mozas ou nenas con ás. Moitas veces aparecen nos [[conto]]s populares, e sempre de pequeno tamaño, de gran [[beleza]] e cun moi bo corazón. Porén, na [[Idade Media]] eran representadas como un espírito protector, ou, moitas veces, malicioso e para protexerse delas, a xente usaba un amuleto de [[ferro]] negro. Na era vitoriana e eduardiana medra o interese polas fadas. O [[rexurdimento celta]] considéraas como parte da herdanza cultural irlandesa. Carole Silvers e outros suxiren que a fascinación polas fadas xorde como unha reacción á [[industrialización]] e a perda da cultura popular.<ref name="Silver-hiding">Silver, Carole B. (1999) Strange and Secret Peoples: Fairies and Victorian Consciousness. Oxford University Press. p. 47 {{ISBN|0-19-512199-6}}.</ref>
 
No [[Cultura de Galicia|folclore tradicional galego]] os bosques do Macizo Galaico están habitados por fadas, ademais de [[elfo]]s, [[pantasma]]s, a [[Santa Compaña]], o [[Nubeiro]] e [[meiga]]s.
338.503

edicións