Joaquín Poza Juncal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Traxectoria ==
Fillo de [[Joaquín Poza Cobas]], dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de ''[[La Libertad (Pontevedra)|La Libertad]]''. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da [[Federación Republicana Gallega]] en 1930. Logo da proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.
[[Ficheiro:Deputados galegos de 1931. Entre outros Suárez Picallo (o primeiro pola esquerda), Rodríguez Cadarso, Castelao, NóvoaJosé SantosSánchez Rojas, Vilar Ponte e Otero Pedrayo.jpg|miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. [[Ramón Suárez Picallo]], [[Daniel Vázquez Campo|Daniel Vázquez]], [[Alejandro Rodríguez Cadarso]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Roberto Nóvoa|Nóvoa Santos]], [[Antón Villar Ponte]], Poza Juncal, [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Alonso Ríos]].]]
En 1933 pásase a [[Acción Republicana]] e ingresa en [[Izquierda Republicana]] en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Foi tamén avogado asesor da [[Caja Rural de Lérez]], fundada en 1926.