Augusto González Besada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
'''Augusto González Besada''' era membro dunha das familias máis poderosas de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] na que tanto o seu pai [[Basilio González Besada]] como os seus tíos [[Rafael González Besada|Rafael]] e [[Sabino González Besada|Sabino]] foron deputados provinciais e ademais este último foi gobernador civil en dúas ocasións e presidente da [[Deputación provincial de Pontevedra|Deputación]] ([[1896]]-[[1898]]). Tras estudar o [[bacharelato]] en [[Pontevedra]], continuou a súa formación na [[Universidade de Santiago]] onde estudou [[Dereito]] licenciándose en [[1885]] tras o cal afiliouse ao Colexio de Avogados de Pontevedra exercendo a avogacía tamén, con gran prestixio, en [[Madrid]].
 
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]] comezou a súa carreira política como Gobernador civil de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] en [[1895]], despois obtivo acta de deputado no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]], polo distrito de [[Comarca do Salnés|Cambados]], nas [[Eleccións Xerais 1899 en España|eleccións de 1899]]; escano que volveu obter nas eleccións de [[Eleccións Xerais 1901 en España|1901]], [[Eleccións Xerais 1903 en España|1903]] e [[Eleccións Xerais 1905 en España|1905]]. Tras obter nos seguintes procesos electorais escanos polas circunscricións de [[Cádiz]] ([[Eleccións Xerais 1907 en España|1907]]), [[Almería]] ([[Eleccións Xerais 1910 en España|1910]]) e [[Alacant]] ([[Eleccións Xerais 1914 en España|1914]]), finalizou a súa carreira como deputado representando a [[Lugo]] ao obter a acta correspondente nas eleccións celebradas entre [[Eleccións Xerais 1916 en España|1916]] e [[Eleccións Xerais 1919 en España|1919]].