Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño modelo Biografía
Liña 133:
O interese que espertou Hatshepsut na sociedade moderna é innegable, e as posicións respecto dela que teñen arqueólogos, historiadores ou simples lectores non poden ser máis variadas. Hatshepsut áchase na actualidade convertida nunha maquiavélica usurpadora, nun animal político que non retrocede nada con tal de satisfacer a súa ambición, nunha muller que tivo que elixir entre o amor e o seu reino, nunha amante da paz ou nun modelo feminista, ou todo isto a un mesmo tempo, dependendo da persoa que opine acerca dela.
 
Por iso, non é de estrañar que exista un amplo abanico de libros dedicados a Exipto, ao Imperio Novo ou ata a ela por completo nos que existan todos os puntos de vista posibles, e máis. Tampouco falta a súa presenza nas novelas, que adoitan pintala como unha bela e ambiciosa muller que viviu unha vida digna de ser recordada, xunto a Thutmose I, Thutmose III ou Senenmut, para algúns un faraón sen coroa. Sexa como for, é indiscutible o encanto que emana de Hatshepsut que só pode compararse ao que rodea a outras grandes figuras da civilización exipcia como [[AjenatónAkhenatón]], [[Nefertiti]], [[Tutankamón]], [[Ramsés II]] ou [[Cleopatra]].
 
== Véxase tamén ==