Abrir o menú principal

Cambios

Sobre o ano [[1490]], Caboto e a súa familia mudáronse a [[Valencia]]. É probable que fose nesta cidade onde se propuxo seguir os pasos de [[Cristovo Colón]] e comezou a formar parte das exploracións ao [[océano Atlántico]]. Os países líderes destas exploracións eran por aquel entón [[Portugal]] e [[España]] e os monarcas de ámbolos dous países desexaban atopar novas rutas para conseguir as riquezas de Asia. Estas rutas tiñan que evitar penetrar polo Mediterráneo, onde as cidades italianas exercían un amplo monopolio. Mais entre estas pretensións había outra tamén de menos peso, pero importante naquelas datas, e era a da expansión do cristianismo para deter o avance musulmán.
 
Porén, nin España nin Portugal se interesaron por XoanXoán Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara a Asia a través do sur de África, pasando polo [[Cabo de Boa Esperanza]], e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en [[1492]].
 
=== En Inglaterra ===
28.353

edicións