Estanislao Figueras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20:
Licenciado en dereito, en [[1884]] trasládase a [[Tarragona]] para comezar a exercer de [[avogado]]. En Tarragona ingresa no [[Partido Progresista]] e participa nas revoltas liberais de [[1848]]. Nese mesmo ano pasa a Madrid onde se pon en contacto cos políticos republicanos.
 
Máis tarde uniríase ao [[Partido Democrático (España)|Partido Demócrata de España]], debido a unha escisión do Partido Progresista. En [[1851]] consegue un escano no congreso pola provincia de Tarragona, cidade á cal se trasladaría para formar parte da [[Xunta Revolucionaria]], a cal presidiu durante o [[Bienio Progresista]] ([[1854]] - [[1856]]). No ano [[1855]] foi elixido deputado a Cortes, onde liderou unha minoría republicana, e votou a favor dun réxime republicano, opción que non contou co apoio do resto da Cámara. Ao ano seguinte, durante o cal tiña que xurdir a nova Constitución Española, apoiou a descentralización do Estado, postura que o enfrontou co sector máis conservador.
 
En [[1867]] foi levado ao cárcere, o cal motivou a súa fuxida a [[Portugal]], país no que se refuxiaría até o triunfo da [[Revolución de 1868|Revolución de setembro de 1868]], que deu inicio ao [[Sexenio Democrático]]. Ao seu regreso afiliouse ao [[Partido Republicano Democrático Federal|Partido Republicano Federal]], liderado por [[Francesc Pi i Margall]] e fundou o xornal ''[[La Igualdad]]''.