Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

As fontes non están de acordo en canto a se os membros dun grupo de especies comparten ou non unha área de distribución. Unha fonte do Departamento de Agronomía da [[Universidade do Estado de Iowa]] afirma que os membros dun grupo de especies xeralmente teñen áreas de distribución parcialmente solapadas pero que non se reproducen entre si.<ref name="iowa" /> Ao contrario, a obra ''A Dictionary of Zoology'' ([[Oxford University Press]] 1999) describe "grupo de especies" como un complexo de especies relacionadas que viven con distribución [[especiación alopátrica|alopátrica]] e explica que este "agrupamento pode a miúdo estar apoiado por cruces experimentais nos cales só certos pares de especies producirán híbridos."<ref name="oxford" /> Os exemplos que se dan máis abaixo poden apoiar ambos os usos do termo "grupo de especies."
 
A miúdo eses complexos só se fan evidentes cando se introduce unha nova especie no sistema, derrubando as barreiras entre as especies existentes. Un exemplo é a introdución da [[lesma]] ''[[Arion vulgaris]]'' no norte de Europa, onde se reproduciu coas especies locais ''[[Arion ater]]'' e ''[[Arion rufus]]'', tradicionalmente consideradas especies claramente separadas que non se reproducían entre si, pero que demostraron que podían ser realmente simplemente subespecies da mesma especie.<ref name="Engelke 2006" />
 
Alí onde coexisten en [[simpatría]] especies estreitamente relacionadas, adoita ser todo un reto comprender como estas especies persisten sen que unha elimine por competencia a outra. A [[partición de nicho]] é unUn mecanismo que se propón para explicar isto é a [[partición de nicho]]. Os estudos feitos nalgúns complexos de especies suxiren, efectivamente, que a miúdo a diverxencia de especies vai á par da diferenciación ecolóxica, e neses casos as especies acaban preferindo diferentes microhábitats.<ref>Carmen Gabaldón, D. Fontaneto, M. J. Carmona, J. Montero-Pau, M. Serra. Ecological differentiation in cryptic rotifer species: what we can learn from the Brachionus plicatilis complex. Hydrobiologia. Xullo 2017, Volumevolume 796, número 1, pp 7–18. [https://link.springer.com/article/10.1007/s10750-016-2723-9]</ref>
Métodos similares atoparon tamén que a ra amazónica ''[[Eleutherodactylus ockendeni]]'' (tamén chamada ''Pristimantis ockendeni'') é en realidade un conxunto de polo menos 3 especies diferentes que diverxeron hai 5 millóns de anos.<ref name="Elmer 2007" />
Un ''rabaño de especies'' pode orixinarse cando unha especie penetra nunha nova área xeográfica e diversifícase ocupando diversos [[niconicho ecolóxico|nichos ecolóxicos]]; este proceso coñécese como [[radiación adaptativa]]. O primeiro rabaño de especies que foi recoñecido como tal foi o formado polas 13 especies de [[pimpíns de Darwin]] das [[illas Galápagos]] descritos por [[Charles Darwin]].
 
== Implicacións prácticas ==
185.637

edicións