Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

=== Distribución ===
 
As fontes non están de acordo en canto a se os membros dun grupo de especies comparten ou non unha área de distribución. Unha fonte do Departamento de Agronomía da [[Universidade do Estado de Iowa]] afirma que os membros dun grupo de especies xeralmente teñen áreas de distribución parcialmente solapadas pero que non se reproducen entre si.<ref name="iowa" /> Ao contrario, a obra ''A Dictionary of Zoology'' ([[Oxford University Press]] 1999) describe "grupo de especies" como un complexo de especies relacionadas que viven con distribución [[especiación alopátrica|alopátrica]] e esplicaexplica que este "agrupamento pode a miúdo estar apoiado por cruces experimentais nos cales só certos pares de especies producirán híbridos."<ref name="oxford" /> Os exemplos que se dan máis abaixo poden apoiar ambos os usos do termo "grupo de especies."
 
A miúdo eses complexos só se fan evidentes cando se introduce unha nova especie no sistema, derrubando as barreiras as especies existentes. Un exemplo é a introdución da [[lesma]] ''[[Arion vulgaris]]'' no norte de Europa, onde se reproduciu coas especies locais ''[[Arion ater]]'' e ''[[Arion rufus]]'', tradicionalmente consideradas especies claramente separadas que non se reproducían entre si, pero que demostraron que podían ser realmente simplemente subespecies da mesma especie.<ref name="Engelke 2006" />
185.350

edicións