Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

[[Ficheiro:Phylogeny species complex.svg|miniatura|Un complexo de especies forma caracteristicamente un grupo [[monofilético]] que se diversificou bastante recentemente, como mostran as ramas curtas entre as especies A–E (cadro azul) nesta [[árbore filoxenética]].]]
 
As especies que forman un complexo diverxeron tipicamente moi recentemente unhas das outras, o que permitiu nalgúns casos aos científicos desandar o proceso de [[especiación]] que seguiron. As especies con poboacións diferenciadas como as [[especies en anel]] considéranse ás veces un exemplo de especiación en marcha en estado incipiente, é dicir, un complexo de especies en formación. Non obstante, especies similares pero distintas foron ás veces illadas durante longo tempo sen que evolucionasen diferenzas, un fenómeno chamado "estase morfolóxica".<ref name="Bickford2007" /> Un exemplo é a ra amazónica ''[[Eleutherodactylus ockendeni]]'' (tamén chamada ''Pristimantis ockendeni''), que en realidade son polo menos tres especies que diverxeron hai uns 5 millóns de anos.<ref name="Elmer 2007" />
 
A [[selección estabilizante]] foi proposta como forza que mantén a semellanza en complexos de especies, especialmente cando a adaptación a ambientes especiais, como un [[hóspede]] no caso dos simbiontes, ou ambientes extremos, restrinxen as posibles direccións da evolución. En tales casos, non se espera ueque haxa unha selección fortemente diverxente.<ref name="Bickford2007" /> Ademais, a [[reprodución asexual]], como a que se fairealizada por medio de [[apomixe]] en plantas, pode separar liñaxes sen producir un gran grao de diferenciación morfolóxica.
 
[[Ficheiro:Cryptic speciation.svg|miniatura|esquerda|Posibles procesos que explican a semellanza de especies nun complexo de especies:</br>'''a''' – estase mofolóxica</br>'''b''' – [[especiación híbrida]].]]
 
Un complexo ede especies é xeralmente uun grupo que ten un [[antepasado común]] (un grupo [[monofilético]]), aínda que un exame máis detallado pode ás veces demostrar o contrario. Un exemplo é o das pintegas de fogo de pintas amarelas do xénero ''[[Salamandra]]'', que se clasificaban antes todas nunha soa especie, ''[[Salamandra salamandra|S. salamandra]]'', pero que non son monofiléticas: o parente máis próximo da píntega de fogo corsa ''[[Salamandra corsica|S. corsica]]'' é a píntega alpina enteiramente negra ''[[Salamandra atra|S. atra]]''.<ref name="Steinfartz 2000" /> En tales casos a semellanza entre especies xurdiu por [[evolución converxente]].
 
A [[especiación híbrida]] pode orixinar que os límites entre as especies non sexan claros por medio dun proceso de [[evolución reticulada]], onde as especies teñen dúas especies parentais comorcomo [[antepasado común máis recente|antepasados comúns máis recentes]]. Neses casos, a especie híbrida pode ter caracteres intermedios, como se demostrou por exemplo nas bolboretas[[bolboreta]]s ''[[Heliconius]]''.<ref name="Mallet 2007" /> A especiación híbrida foi observada en varios complexos de especies de insectos, fungos e plantas. En plantas, a [[hibridación (bioloxía)|hibridación]] con frecuencia ten lugar por [[poliploidización]], e as especies de plantas híbridas denomínanse [[notoespecie]]s.
 
=== Distribución ===
190.252

edicións