Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

Un complexo de especies é tipicamente considerado como un grupo de especies próximas pero distintas.<ref name="Brown 1995" /> Obviamente, o concepto está estreitamente ligado á definición de [[especie]]. A bioloxía moderna entende unha especie como unha "liñaxe de [[metapoboación]]s que evolucionan separadamente", pero recoñece que os [[problema da especie|criterios que delimitan unha especie]] poden depender do grupo estudado.<ref name="De Queiroz 2007"/> Así, moitas especies definidas tradicionalmente, baseándose só na semellanza morfolóxica, acabaron considerándose como formadas por varias especies cando se aplicaron outros criterios, como a diferenciación xenética ou o [[illamento reprodutivo]].<ref name="Mayr 1970"/>
 
Un uso máis restrinxido aplica o termo a especies próximas entre as cales tivo lugar ou está tendo lugar unha [[Hibridación (bioloxía)|hibridación]], orixinando formas intermedias e límites entre especies difuminados.<ref name="Horandl 2009" /> A clasificación informal de superspeciesuperespecie, pode ser exemplificada pola bolboreta ''[[Pyrgus malvae]]'', unha superespecie que está subdividida en tres subespecies.<ref>{{Cite journal|last=JONG|first=R.|date=December 1987|title=Superspecies Pyrgus malvae (Lepidoptera: Hesperiidae) in the East Mediterranean, with notes on phylogenetic and biological relationships|url=|journal=Rijksmuseum van Natuurlijke Historie – via Naturalis Repository|volume=|pages=|via=}}</ref>
 
Algúns autores aplican o termo tamén a unha especie con [[polimorfismo (bioloxía)|variabilidade intraespecífica]], que podería ser un signo de [[especiación]] en marcha ou incipiente. Exemplos son as [[especie en anel|especies en anel]]<ref name="Moritz 1992" /><ref name="Bowen 2001" /> ou as especies con [[subespecie]]s, nas que a miúdo non está claro se estas deberían ser consideradas especies separadas.<ref name="Muñoz 2013" />
185.256

edicións