Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

A miúdo eses complexos só se fan evidentes cando se introduce unha nova especie no sistema, derrubando as barreiras as especies existentes. Un exemplo é a introdución da [[lesma]] ''[[Arion vulgaris]]'' no norte de Europa, onde se reproduciu coas especies locais ''[[Arion ater]]'' e ''[[Arion rufus]]'', tradicionalmente consideradas especies claramente separadas que non se reproducían entre si, pero que demostraron que podían ser realmente simplemente subespecies da mesma especie.<ref name="Engelke 2006" />
 
Alí onde coexisten en [[simpatría]] especies estreitamente relacionadas, adoita ser todo un reto comprender como estas especies persisten sen que unha elimine por competencia a outra. A [[partición de nicho]] é un mecanismo que se propón para explicar isto. Os estudos feitos nalgúns complexos de especies suxiren, efectivamente, que a miúdo diverxencia de especies vai á par da diferenciación ecolóxica, e neses casos as especies acaban preferindo diferentes microhábitats.{{citation<ref>Carmen needed|date=DecemberGabaldón, 2014}}D. Fontaneto, M. J. Carmona, J. Montero-Pau, M. Serra. Ecological differentiation in cryptic rotifer species: what we can learn from the Brachionus plicatilis complex. Hydrobiologia. Xullo 2017, Volume 796, número 1, pp 7–18. [https://link.springer.com/article/10.1007/s10750-016-2723-9]</ref>
Métodos similares atoparon tamén que a ra amazónica ''[[Eleutherodactylus ockendeni]]'' (tamén chamada ''Pristimantis ockendeni'') é en realidade polo menos 3 especies diferentes que diverxeron hai 5 millóns de anos.<ref name="Elmer 2007" />
Un ''rabaño de especies'' pode orixinarse cando unha especie penetra nunha nova área xeográfica e diversifícase ocupando diversos [[nico ecolóxico|nichos ecolóxicos]]; este proceso coñécese como [[radiación adaptativa]]. O primeiro rabaño de especies que foi recoñecido como tal foi o formado polas 13 especies de [[pimpíns de Darwin]] das [[illas Galápagos]] descritos por [[Charles Darwin]].
185.539

edicións