Complexo de especies: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 82:
[[Ficheiro:Phylogeny species complex.svg|miniatura|Un complexo de especies forma caracteristicamente un grupo [[monofilético]] que se diversificou bastante recentemente, como mostran as ramas curtas entre as especies A–E (cadro azul) nesta [[árbore filoxenética]].]]
 
As especies que forman un complexo diverxeron tipicamente moi recentemente unhas das outras, o que permitiu nalgúns casos desandar o proceso de [[especiación]] que seguiron. As especies con poboacións diferenciadas como as [[especies en anel]] considéranse ás veces un exemplo de especiación en marcha en estado incipiente, é dicir, un complexo de especies en formación. Non obstante, especies similares pero distintas foron ás veces illadas durante longo tempo sen que evolucionasen diferenzas, un fenómeno chamado "estase morfolóxica".<ref name="Bickford2007" /> Un exemplo é a ra amazónica ''[[PristimantisEleutherodactylus ockendeni]]'', que en realidade son polo menos tres especies que diverxeron hai uns 5 millóns de anos.<ref name="Elmer 2007" />
 
A [[selección estabilizante]] foi proposta como forza que mantén a semellanza en complexos de especies, especialmente cando a adaptación a ambientes especiais, como un [[hóspede]] no caso dos simbiontes, ou ambientes extremos, restrinxen as posibles direccións da evolución. En tales casos, non se espera ue haxa unha selección fortemente diverxente.<ref name="Bickford2007" /> Ademais, a [[reprodución asexual]], como a que se fai por medio de [[apomixe]] en plantas, pode separar liñaxes sen producir un gran grao de diferenciación morfolóxica.