Diferenzas entre revisións de «Complexo de especies»

Un complexo e especies é xeralmente u grupo que ten un [[antepasado común]] (un grupo [[monofilético]]), aínda que un exame máis detallado pode ás veces demostrar o contrario. Un exemplo é o das pintegas de fogo de pintas amarelas do xénero ''[[Salamandra]]'', que se clasificaban antes todas nunha soa especie, ''[[Salamandra salamandra|S. salamandra]]'', pero que non son monofiléticas: o parente máis próximo da píntega de fogo corsa ''[[Salamandra corsica|S. corsica]]'' é a píntega alpina enteiramente negra ''[[Salamandra atra|S. atra]]''.<ref name="Steinfartz 2000" /> En tales casos a semellanza entre especies xurdiu por [[evolución converxente]].
 
A [[especiación híbrida]] pode orixinar que os límites entre as especies non sexan claros por medio dun proceso de [[evolución reticulada]], onde as especies teñen dúas especies parentais comor [[antepasadocomúnantepasado común máis recente|antepasados comúns máis recentes]]. Neses casos, a especie híbrida pode ter caracteres intermedios, como se demostrou por exemplo nas bolboretas ''[[Heliconius]]''.<ref name="Mallet 2007" /> A especiación híbrida foi observada en varios complexos de especies de insectos, fungos e plantas. En plantas, a [[hibridación (bioloxía)|hibridación]] con frecuencia ten lugar por [[poliploidización]], e as especies de plantas híbridas denomínanse [[notoespecie]]s.
 
=== Distribución ===
185.237

edicións