Arthur Schopenhauer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes lingüísticos e de estilo.
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen notas}}
[[Ficheiro:Arthur Schopenhauer daguerreotype.jpg|framed|dereita|200px|Arthur Schopenhauer]]
{{Títulos}}
{{Biografía}}
 
'''Arthur Schopenhauer''', nado en [[Gdańsk]] o [[22 de febreiro]] de [[1788]] e finado en [[Frankfurt]] o [[21 de setembro]] de [[1860]], foi un filósofo [[Polonia|polaco]]-[[Alemaña|alemán]].
 
== Traxectoria ==
{{Títulos}}
Arthur Schopenhauer naceu preto da cidade báltica de [[Danzig]] ([[Polonia]]), fillo de Heinrich Floris Schopenhauer e [[Johanna Schopenhauer]], unha familia mercantil de clase media de orixe holandesa. Parecía destinado á carreira comercial do seu pai, con quen fixo longas viaxes por Francia e Inglaterra. En 1793, cando a cidade foi anexionada por [[Prusia]], a familia mudouse a [[Hamburgo]]. Morto o pai en 1805, abandonou os estudos de [[comercio]] e comezou a estudar [[medicina]] en [[Gotinga]], que abandonou finalmente pola [[filosofía]] aconsellado por [[Gottlob Schulze]], que lle recomendou ler a Platón, Aristóteles e Kant.
 
Liña 12 ⟶ 13:
 
== Ideas filosóficas ==
[[Ficheiro:Arthur Schopenhauer daguerreotype.jpg|framedminiatura|dereitaesquerda|200px|Arthur Schopenhauer]]
Na súa obra máis famosa ''[[O mundo como vontade e representación]]'', Schopenhauer afirmaba a [[vontade]] como chave da razón. A súa idea de que sen vontade non hai nada é xeralmente vista como unha expresión clásica do [[pesimismo filosófico]]. É criticado por adoptar e defender unha especie de pesimismo de corte [[romanticismo|romántico]] que entende a vida como sufrimento. Non obstante, conforme á [[filosofía oriental]], en particular o [[budismo]], a súa obra predica a [[salvación]], a entrega, e a anulación do sufrimento na [[contemplación estética]], na [[simpatía]] polos demais, e na vida [[ascese|ascética]]. Neste sentido recoñecía a superioridade do budismo e do [[misticismo]] hindú sobre a [[teoloxía cristiá]] dominante na Europa da súa época.
A súa admiración por [[Kant]] corría en paralelo co desprezo polos [[idealismo|idealistas]] da época. Para el, a representación é a dimensión aparencial da realidade, mais por baixo aparecerá a vontade se se trata de descubrir o que agocha, froito de intuír a vontade propia, irracional na súa propia natureza. A propia vontade non é máis ca un caso da Vontade que invade o mundo (algo así como a entropía da física) e que se manifesta dende os seres inorgánicos ata no ser humano, onde conflúen vontade e representación. A cuestión é que a vontade que busca a súa propia conservación é egoísta, por iso é necesaria a existencia do [[Dereito]] para coutala. O coñecemento da realidade posibilita superar o [[egoísmo]] e simpatizar co resto da Natureza, nunha sorte de [[nirvana|identificación nirvánica]].