Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 489:
== Economía ==
{{Artigo principal|Economía de Portugal}}
[[Ficheiro:Torre Vasco da Gama (Lisboa).JPG|miniatura|150px|esquerda|[[Torre de Vasco da Gama]] en Lisboa.]]
Desde [[1985]], Portugal entrou nun proceso de modernización nun ambiente bastante estable, uníndose á [[Unión Europea]] en [[1986]]. Os sucesivos gobernos fixeron varias reformas, privatizaron moitas empresas controladas polo Estado e liberalizaron áreas chave da economía, incluíndo os sectores das [[telecomunicacións]] e financeiros. O país desenvolveu unha economía crecente baseada principalmente nos [[sector servizos|servizos]], sendo un dos once membros fundadores da moeda común europea, o [[Euro]], en [[1999]]. Esta nova divisa comezou a circular o [[1 de xaneiro]] de [[2002]] xunto con [[eurozona|outros once estados membros]] da Unión.<ref>{{cita web |url=http://www.bbc.co.uk/portuguese/economia/020101_eurodb.shtml|título=Euro começa a circular em 12 países europeus|editor=BBC|data=1 de xaneiro de 2002|dataacceso=18 de decembro de 2013}}</ref>