Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Biografía
Liña 7:
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Stevenson naceu co nome de '''Robert Lewis Balfour Stevenson''' en [[Edimburgo]], a capital [[Escocia|escocesa]], o [[13 de novembro]] de [[1850]]. O seu pai chamábase [[Thomas Stevenson]], e o seu avó foi [[Robert Stevenson (enxeñeiro)|Robert Stevenson]]; ambos os dous foran [[enxeñería|enxeñeiros]] e [[arquitectura|construtores]] de [[faroFaro (construción)|faros]]s, como xa fora tamén o seu bisavó. O avó por parte da nai, [[Lewis Balfour]], era un profesor de [[moral]] e [[reverendo]], e con el pasaba grandes épocas da infancia nas vacacións. Como a súa nai [[Margaret Balfour]] sufriu toda a súa vida do [[pulmón]], seguramente [[tuberculose]]. Foi un neno enfermizo, con desexos de aventura, pero que gastou boa parte dos seus anos máis novos na cama, lendo a [[Shakespeare]], [[Walter Scott]], [[John Bunyan]] e ''[[As mil e unha noites]]''.
 
Entrou na [[Universidade de Edimburgo]] con dezasete anos para seguir os pasos da familia e facerse enxeñeiro de faros. Pero axiña se decatou de que esa non era a súa vocación, e aparcou os estudos científicos e decantouse polo [[Dereito]], carreira que rematou con vinte e cinco anos.