Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 65:
 
Finou en [[Vigo]], dunha [[trombose]], o [[1 de decembro]] de [[1979]], no taxi que o levaba cara o hospital.<ref>[http://elpais.com/diario/1980/12/28/cultura/346806001_850215.html ''Los miedos de Blanco Amor''], de [[Luís Marañón]]. ''[[El País]]'' {{Es}}.</ref> Foi soterrado na cidade que o viu nacer no [[cemiterio]] de San Francisco.
 
Finou sen dar lectura ao discurso de ingreso que, segundo consta na documentación da [[RAG]], levaría por título: "A esperencia literaria". Considérase igualmente académico numerario.
 
Moitas das súas obras narrativas (''A Esmorga'', ''Xente ao lonxe'', ''Os biosbardos'') desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu [[Ourense]] natal. Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]] ou [[Eça de Queirós]].