Diferenzas entre revisións de «Nicandro Ares»

==Traxectoria==
Ordenouse sacerdote en 1951. Cursou estudos de [[teoloxía]] e [[filosofía]], sentindo interese polas [[linguas clásicas]]. Foi profesor de teoloxía no [[Seminario de Lugo]] desde 1955 durante 42 anos. A partir de 1964 comeza a publicar artigos referidos a temas históricos e [[Onomástica|onomásticos]], tarefa na que destacou, tendo publicado múltiples estudos á [[toponimia]] da [[diocese de Lugo]].
Foi membro correspondente da [[Real Academia Galega]] desde abril de 2006, institución que publicou en 2013 co título de ''Estudos de toponimia galega'' dous volumes que recompilan un total de 178 artigos publicados por el entre 1964 e 2011.
 
== Notas ==
201.670

edicións