Diferenzas entre revisións de «Lingua castelá»

sen resumo de edición
m (Desfixéronse as edicións de Izan887 (conversa); cambiado á última versión feita por Andalcant)
No [[século VIII]], trala [[invasión musulmá da península Ibérica|invasión musulmá]] da [[península Ibérica]], formáronse dúas zonas ben diferenciadas: en [[Al-Ándalus]] os dialectos romances deron pé ao [[lingua mozárabe|mozárabe]], que convivía coas linguas da minoría estranxeira-invasora alóctona ([[lingua árabe|árabe]] e [[Linguas bérberes|bérber]]). Mentres, na zona en que se formaban os reinos cristiáns desde pouco despois do inicio da dominación musulmá, comezou unha evolución diverxente, na que xurdiron varias modalidades romances dun ''continuum'' intercomprensible: a [[lingua catalá|catalá]], a [[Lingua aragonesa|navarro-aragonesa]], a [[castelán medieval|castelán]], a [[asturleonesa]] e a [[Galego-portugués|galaico-portuguesa]]. O dialéctico románico castelán naceu no [[condado de Castela]] (entre o sur de [[Cantabria]] e o norte da actual [[provincia de Burgos]]) con [[Substrato éuscaro nas linguas romances|influencia vasca]] e [[Visigodos|visigótica]].
 
Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos como [[Cartularios de Valpuesta]]<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/596161/0/palabras/antiguas/espanol "Descubren que las palabras más antiguas escritas en Español son del siglo IX"], artigo en ''20 minutos'', 27 de decembro de 2009{{es}}.</ref>, conservados na igrexa de Santa María de [[Valpuesta]]<ref>[http://es.noticias.yahoo.com/9/20091227/ten-estudio-del-ilcyl-confirma-a-los-car-bbad18b.html "Estudio del [[ILCYL]] confirma a los Cartularios de Valpuesta como el español más antiguo"],artigo en ''Yahoo'', 27 de decembro de 2009 {{es}}.</ref>. Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/07/castillayleon/1289123856.html «La RAE avala que Burgos acoge las primeras palabras escritas en castellano»], artigo de Miguel A. Vergaz en ''El Mundo'', 7 de novembro de 2010 {{es}}.</ref>. As [[Glosas Emilianenses]] de finais do século X ou comezos do XI, conservadas no [[Mosteiro de Yuso]] ([[San Millán de la Cogolla]]) foron consideradas por [[Ramón Menéndez Pidal]] como a testemuña máis antiga da lingua castelán, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonés<ref>Wolf y Ruhstaller (1996: 109-112) amosan que as glosas non poden ser casteláns nin rioxanas, e que os trazos que presentan corresponden á área navarro-aragonesa.</ref>.
 
Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado de [[Afonso X o Sabio]] (1252-1284)<ref>''[http://books.google.com.mx/books?id=7Vk_6ZW-mucC&pg=PA321&dq=Alfonso+X+espa%C3%B1ol+culto&lr=#v=onepage&q=Alfonso%20X%20espa%C3%B1ol%20culto&f=false España: reflexiones sobre el ser de España]'', p. 321. [[Real Academia de la Historia]]. Madrid, 1998 ISBN 84-89512-04-3 {{es}}.</ref><ref>[[Carlos Alvar|Alvar, Carlos]]; Lucía Megías, José Manuel (2002) ''[http://books.google.com.mx/books?id=QMecWGS5Mz4C&pg=PA1019&dq=afianzamiento+castellano+Alfonso+X&lr=#v=onepage&q=afianzamiento%20castellano%20Alfonso%20X&f=false Diccionario filológico de literatura medieval española]'' volumen 21, p.1019 Madrid, ed.Castalia ISBN 978-84-9740-018-6 {{es}}.</ref>. Por aquel entón os [[cantares de xesta]] acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelán<ref>Obediente, Enrique (2007) ''[http://books.google.com.mx/books?id=Z5wQUpVS6_sC&pg=PA244&dq=castellano+alfonso+x+lat%C3%ADn#v=onepage&q=castellano%20alfonso%20x%20lat%C3%ADn&f=false Biografía de una lengua: nacimiento, desarrollo y expansión del español]'' p.244-248 Mérida, Venezuela, Universidad de Los Andes ed. Editorial Venezolana C.A. ISBN 978-980-11-1026-2 {{es}}.</ref>.
<td>{{legend|#C4C8B7|[[Ficheiro:Dark Green Arrow Up.svg|10px]] 2 %}}</td>
</td></tr></table>]]
Supón arredor do 90 % do total de falantes de castelán no mundo, uns 400 millóns de persoas.<ref>[http://www.elcastellano.org/ns/edicion/2013/marzo/petroleo.html "El español, ¿petróleo de España?"], artigo en ''El Castellano'', marzo de 2013 {{es}}.</ref>. Distribúese polos países de [[Hispanoamérica]], algúns estados dos Estados Unidos, algunhas provincias do [[Canadá]] e os estados do sur do [[Brasil]].
 
===== Hispanoamérica =====
Os falantes adoitan ser [[emigración|emigrantes]] de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.
 
[[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo<ref>[http://www.nytimes.com/2011/03/13/arts/television/cnn-en-espanol-restructures-its-programming.html?_r=0 "CNN en español restructures its programing"], artigo en ''New York Times'', 13 de marzo de 2011 {{en}}.</ref><ref>Instituto Cervantes, 2008 ([http://www.elpais.com/articulo/cultura/speak/spanish/Espana/elpepucul/20081006elpepicul_1/Tes "Más 'speak spanish' que en España"], artigo en ''[[El País]]'', 6 de xuño de 2008 {{es}}.</ref>. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitos [[topónimo]]s nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas como [[Nova York]], [[Los Angeles]], [[Chicago]], [[Miami]], [[Houston, Texas|Houston]], [[San Antonio, Texas|San Antonio]], [[Denver]], [[Baltimore]] e [[Seattle]]. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no país<ref>[http://www.adfl.org/resources/enrollments.pdf Foreign Language Enrollments in United States Institutions of Higher Learning], MLA Fall 2002.</ref>.
 
Hai un avance progresivo do [[bilingüismo]], sobre todo nos estados de [[California]], [[Novo México]] e [[Texas]], nos que existen programas oficiais bilingües de castelán para residentes hispanos. En California moitas actividades de goberno, documentos e servizos están dispoñibles neste idioma. A sección 1632 do Código Civil de California recoñece o castelán como a lingua da comunidade hispana, polo que a lei Dymally-Alatorre institúe un bilingüismo inglés-castelán, sen a exclusión necesaria doutras linguas. No estado de Novo México o castelán é utilizado mesmo na administración estatal, aínda que ese estado non ten ningunha lingua oficial establecida na constitución. O [[castelán neomexicano]] remóntase aos tempos da colonización española no século XVI e conserva numerosos [[arcaísmo]]s. A Comisión de Dereitos Civís dos EUA recoñeceu que en 1912 "os neomexicanos tiveron éxito á hora de protexer a súa herdanza, incluíndo provisións na súa constitución que fan do castelán unha lingua oficial, igual có inglés". En Texas o goberno a través da sección 2054.116 do Código Gobernamental estipula que as axencias estatais deben proporcionar información en castelán nas súas páxinas web. Outros estados da Unión recoñecen tamén oficialmente o castelán.
En Brasil o castelán foi historicamente importante por mor da da inmigración e pola proximidade e o comercio crecente cos seus veciños hispanoamericanos, sendo membro de [[Mercosur]]. En [[2005]] o [[Congreso Nacional de Brasil]] aprobou un decreto que ofrece o castelán como primeira lingua estranxeira de ensino en colexios e institutos. En moitas cidades fronteirizas de Brasil, así como en cidades fronteirizas hispanoamericanas, fálase unha lingua mixta coñecida como ''[[portuñol]]''<ref>Lipski, John M.: ''[http://www.lingref.com/cpp/hls/8/paper1251.pdf Too close for comfort? the genesis of “portuñol/portunhol”]''. Timothy L. Face and Carol A. Klee, 1–22. Somerville, MA: Cascadilla Proceedings Project, 2006. Selected Proceedings of the 8th Hispanic Linguistics Symposium {{en}}.</ref>
 
No [[Canadá]] a poboación inmigrante de fala hispana constitúe o 1,3 % da poboación<ref>[http://www12.statcan.gc.ca/census-recensement/2011/as-sa/98-314-x/98-314-x2011003_2-eng.cfm#n4 "Immigrant languages in Canada"], artigo en Statistics Canada {{en}}.</ref>, e case outro tanto o fala como segunda lingua<ref>[http://elcorreo.ca/2009/06/el-espanol-la-lengua-extranjera-mas-hablada-en-canada/ "El español, la lengua extranjera más hablada en Canadá"], artigo en ''El Correo'', 15 de xuño de 2009 {{es}}.</ref>. Aproximadamente a metade concéntrase en [[Toronto]].
 
Na illa de [[Belize]], antiga colonia británica, o castelán non ten recoñecemento oficial, se ben a maioría da poboación sabe falalo<ref name="Belizecen">[http://www.cso.gov.bz/publications/MF2000.pdf Population Census 2000, Major Findings], Central Statistical Office, Ministry of Budget Management, Belice {{en}}.</ref>
Esta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras [[linguas romances]].
 
{| class="wikitable"
{| border="1" cellspacing="5" cellpadding="5"
|----- bgcolor="#eeeeee"
||''[[Latín vulgar]]''|| ''[[lingua francesa|Francés]]'' || ''[[lingua italiana|Italiano]]''|| ''[[lingua española|Castelán]]''|| ''[[lingua occitana|Occitano]]<br />(Linguadociano)''|| ''[[lingua catalá|Catalán]]<br />(Central)''|| ''[[lingua galega|Galego]]''|| ''[[lingua romanesa|Romanés]]''
|----- bgcolor="#ffffff"
||clave(m)
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
185.084

edicións