Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

m
(→‎Traxectoria: Arranxos)
=== Comezos ===
[[Ficheiro:Casa Barrié.JPG|miniatura|Casa Barrié.]]
Aínda que nun principio estabeleceu o seu estudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos. Ao gañar o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de [[Lugo]], e encargárenlle seu tío Ricardo e seu curmán [[Pedro Barrié de la Maza]] o proxecto da [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|sede do Banco Pastor]] en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña. Foi nese mesmo ano cando tamén casou con Mathilde Brochón Reinmann, coa que tivo catro fillos: Rosa (1921), [[Antonio Tenreiro Brochón|Antonio]] (1923, arquitecto e pintopintor), Magdalena (1925) e Ramón (1928).
 
Na década de 1920 e nos anos da [[Segunda República Española]] proxectou algunhas das súas obras máis coñecidas, como o [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|edificio do Banco Pastor]], que ao finalizar a súa construción era o máis alto do Estado español, influído pola [[Escola de Chicago (arquitectura)|Escola de Chicago]], que destaca polas formas clásicas e neobarrocas do estilo [[Beaux Arts]], que o propio Tenreiro definiría como “Barroco modernizado”, e a aparición de elementos e detalles propios da [[art déco]]. Tamén desta época é a [[casa Barrié]], finalizada en 1926, na que Tenreiro optou por unha obra máis europea, un estilo francés, e cunha frescura nova no deseño dos detalles lonxe da ortodoxia Beaux Arts. Tamén construíu a casa Bailly, no [[O Graxal, O Temple, Cambre|Graxal]] ([[Cambre]]),<ref>{{cita novas|url=http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/08/23/desproteccion-casas-bailly/988278.html|data=23 de agosto de 2015|dataacceso=6 de decembro de 2015|lingua=castelán|xornal=La Opinión de A Coruña|título=Las casas Bailly, desprotegidas|nome=Sara|apelidos=Vázquez}}</ref> a carón da [[N-VI]], actualmente en estado de ruína ante o abandono das administracións locais e autonómicas. En 1928 recibiu a [[Lexión de Honra francesa]].
32.791

edicións