Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

m
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
No 1936 estala a [[guerra civil española]]. Pola nacionalidade francesa da súa muller e a súa distinción coa lexión de honor, o cónsul francés dispuxo os requisitos necesarios para a súa evacuación, mais Antonio decidiu permanecer na Coruña. O seu cuñado foi fusilado en [[Matanzas de Paracuellos|Paracuellos]]. En 1937 Antonio Tenreiro Rodríguez é suspendido do seu cargo como arquitecto municipal e expedientado pola súa militancia republicana. A representatividade das familias Pastor-Barrié de la Maza e Tenreiro Arias impide a suspensión total do exercicio, pero non evitan a súa retirada dos cargos públicos, a confiscación da fábrica de curtidos familiar, a expropiación de numerosas propiedades e a mingua substancial do seu patrimonio. Finalmente, a Xunta Superior de Depuración condénao, en 1942, a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza. A partir dese momento verase frecuentemente obstaculizado nos primeiros anos da ditadura, tendo incluso que firmar o seu socio Estellés algunhas das súas obras, como o Gran Cine de [[Ortigueira]].
 
Mais todo isto non evita que proxecte, en 1940 a cidade cultural “Generalísimo Franco”, hoxe campus universitario de Riazor da [[Universidade da Coruña]] e cidade escolar, do que realizaría edificios como a Escola de Náutica, a Escola de Comercio ou o Conservatorio de Música, o mercado da Praza do Conde en Pontedeume e un curioso proxecto alternativo da [[Igrexaigrexa de san Pedro de Mezonzo]], de maior calidade arquitectónica que o finalmente realizado. Ao finalizar a década, é rehabilitado polo alcalde [[Alfonso Molina]] como arquitecto municipal da Coruña.
 
O seu último gran proxecto foi o actual [[Arquivo do Reino de Galicia]] no [[Xardín de San Carlos]], en 1952. En 1963 abandona o cargo de arquitecto municipal e finalmente morre o 31 de maio de 1972.
32.818

edicións