Primeira República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Liña 48:
Os partidos republicanos estaban divididos, entre os que querían un goberno unitario (un único goberno para todo o país) e os que querían unha [[república federal]] (estados autónomos que forman un estado de rango superior).
 
O presidente a Asemblea, [[Cristino Martos]], da un golpe de estado o [[24 de febreiro]] e fai que a [[Garda Civil]] ocupe o [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]]. As Cortes suspenden as sesións até [[maio]], mes no que se porán en marcha as Cortes Constituíntes despois dunhas eleccións que se celebrarán o 10 dese mesmo mes. Pero antes aproban a abolición da escravitude en [[Porto Rico]].
 
A Milicia Nacional intenta sublevarse o [[23 de abril]], co suposto apoio da Garda Civil, e dalgúns militares e políticos. O goberno estaba atento e movilizou os batallóns. O intento da sublevación dos monárquicos fracasou e rendéronse.
Liña 64:
O 8 de xuño dimite o que era presidente, Figueras, formouse polas Cortes -mediante votación- un novo executivo presidido por [[Francesc Pi i Margall]], quen o día 13 pronuncia o discurso para poñer en común o seu programa de goberno e proclama a prioridade de redactar unha Constitución. Para este fin, o [[16 de xuño]] créase unha comisión de 25 membros para redactar a nova constitución, presentando o proxecto de Constitucón Federal da República Española ao día seguinte.
[[Ficheiro:Flag_of_the_First_Spanish_Republic.svg|esquerda|200px|miniatura|Bandeira da I República Española]]
Por toda [[España]] esténdese un ''levantamento cantonal'', polo que todas as rexións, cidades ou comarcas se declaran repúblicas ou cantóns, e rebélanse con violencia contra o estado. Pi i Margall dimite. Sucédeo [[Nicolás Salmerón]], quen lle encarga ao exército de acabar con estes sucesos. Consígueo en toda España menos en [[Cartagena, Murcia|CartagenaCartaxena]], onde contan co apoio dos militares.
 
Os republicanos federais vense desacreditados polo levantamento. Tras a dimisión de Salmerón, é nomeado presidente [[Emilio Castelar]], quen consegue o apoio dos monárquicos contra os cantonalistas, os carlistas e os independentistas cubanos.
 
''Alegoría de la proclamación de la I República Española'' publica a revista "La Flaca" como referencia a estes sucesos. O [[2 de xaneiro]] de [[1874]], Castelar queda en minoría nas Cortes, o que implica que os federais volven ao goberno. Para evitar isto, os monárquicos de dereita, conseguen o apoio do capitán xeneral de Madrid, [[Manuel Pavía|Manuel Pavía y Alburquerque]], quen ao día seguinte entra no seu cabalo no Congreso e dá un golpe de estado. Castelar, que non quería estar no poder por medio de vías non democráticas, dimite.
 
O xeneral [[Francisco Serrano]] forma un novo goberno. Disolve as Cortes e é apoiado polos monárquicos, pese a nomearse Presidente da República.