Carmen Conde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
arranxo
Liña 2:
|nome = Carmen Conde Abellán
|imaxe = Carmen Conde statue.jpg
|descrición = Estatua a Carmen Conde en CartagenaCartaxena.
|data_de_nacemento = [[15 de agosto]] de [[1907]]
|lugar_de_nacemento = [[Cartagena, España|CartagenaCartaxena]], {{MUR}}
|data_de_falecemento = [[8 de xaneiro]] de [[1996]]
|lugar_de_falecemento= [[Madrid]], {{CMA}}
Liña 14:
}}
 
'''Carmen Conde Abellán''' nada en [[Cartagena, España|CartagenaCartaxena]] o [[15 de agosto]] de [[1907]] e finada en [[Madrid]] o [[8 de xaneiro]] de [[1996]], foi unha mestra, poeta e narradora [[España|española]]. En 1931 fundou, xunto con [[Antonio Oliver Belmás]], a primeira [[Universidade Popular de CartagenaCartaxena]]. Foi a primeira académica de número da [[Real Academia Española]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/narrativa/Carmen/Conde/primera/mujer/elpepuculbab/20070811elpbabnar_13/Tes ''Carmen Conde, la primera mujer''] Artigo en ''[[El País]]'', 11 de agosto do 2007.</ref>; pronunciou o seu discurso de entrada en 1979.
 
== Traxectoria ==
Ós seis anos trasladouse coa súa familia a [[Melilla]], onde viviu até 1920. As memorias desta época están recollidas en ''Empezando La vida''. En 1923, aprobou unhas oposicións para Auxiliar da Sala de Delineación da [[Sociedad Española de Construcción Naval]] e comezou a traballar, iniciando a súa colaboración coa prensa local un ano máis tarde. Ós 19 anos comezou Maxisterio na Escola Normal de Mestras de Murcia.
 
Un ano despois, en 1927, coñeceu ó poeta Antonio Oliver Belmás e formalizaron as súas relacións. Ela publica en ''Lei: (entregas de capricho)'', e en 1928 en ''Obra en marcha: diario poético'', as minoritarias revistas de [[Juan Ramón Jiménez]]. En 1929 escribe a súa cuarta obra, ''Brocal'', terminando os seus estudos de Maxisterio na Escola Normal de Albacete o ano 1930. Un ano máis tarde, o 5 de decembro de 1931 casan para crear a primeira Universidade Popular de CartagenaCartaxena. En 1933, ambos fundan a revista ''Presencia'', órgano da Universidade Popular, institución que tamén conta con biblioteca de adultos, biblioteca infantil, cinema educativo, conferencias, excursións, exposicións de arte etc., auxiliados polo [[Padroado de Misións Pedagóxicas]]. Carmen traballa como mestra na Escola Nacional de Párvulos en ''El Retén''.
 
En 1934 Carmen Conde publica ''Júbilos'', prologado por [[Gabriela Mistral]] e ilustrado por [[Norah Borges]]. Traballa como Inspectora-Celadora de Estudos do Orfanato de ''El Pardo'', ata que dimite en 1935. Neste ano, os esposos colaboran con xornais nacionais, como ''[[El Sol (España)|El Sol]]'', e tamén con publicacións seriadas hispanoamericanas.
Liña 25:
En 1936 a autora coñece a Amanda Junquera, esposa do catedrático de Historia Española Cayetano Alcázar Molina, coa que manterá unha relación amorosa [[homosexual]] segundo afirmou, entre outros, [[José Luís Ferris]] na biografía que escribiu sobre a escritora: ''Carmen Conde: vida pasión y verso de una escritora olvidada''. O investigador chega afirmar que tanto a vida como a obra da poeta ''se van a ver definidas por esa batalla interior que Carmen hubo de librar hasta el final de sus días, una lucha íntima, secreta acaso, entre las sombras del pasado y el presente junto a Amanda Junquera''.
 
Ó comezar a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], Oliver únese ó exército republicano á fronte da Emisora Radio Fronte Popular n. 2. Carmen séguelle por varias cidades de Andalucía, pero regresa a CartagenaCartaxena para coidar da súa nai. O estalido da Guerra fai que en xullo de 1936 renunciasen ó proxecto de acudir á invitación de Gabriela Mistral (entón Cónsul de Chile en Lisboa), antes de viaxar a Francia e Bélxica, para estudar as institucións de cultura popular naqueles países, para o que Carmen obtivera unha pensión. Tamén na Facultade de Letras de [[Universidade de Valencia|Valencia]] segue cursos e aproba oposicións a Bibliotecas, aínda que non chega a exercer. Ó rematar a Guerra, Oliver vive recluído en Murcia en casa da súa irmá; Carmen instálase en [[San Lorenzo de El Escorial|El Escorial]] en casa duns amigos, o Alcázar. Para comunicarse co seu marido válese do seu amigo [[José Ballester Nicolás]], director da ''La Verdad'' e funcionario de Correos.
 
A década de 1940 foi literariamente moi produtiva para ambos; ela utiliza como pseudónimos Magdalena Noguera, Florentina del Mar e outros. Imparten cursos para estranxeiros, pronuncian conferencias... En 1941, Carmen instálase na rúa Wellingtonia de Madrid, nun inmoble propiedade de [[Vicente Aleixandre]], que reside na planta baixa. Desde 1944 a 1951, colabora en [[Radio Nacional de España]]. Por fin, o matrimonio pode reunirse en 1945, residindo na Pensión Valls da madrileña rúa Goya, xunto coa nai de Carmen, ata que en 1949 pasan a vivir no que será o domicilio familiar, na [[rúa Ferraz]]. Ela encárgase da asesoría literaria da [[Editorial Alhambra]], colabora na Sección Bibliográfica do [[Consello Superior de Investigacións Científicas|CSIC]] e na Sección de Publicacións da [[Universidade Central de Madrid]]. Estes anos publica algunhas das súas obras poéticas máis importantes: ''Ansia de la Gracia'', ''Mujer sin Edén''...
Liña 35:
A partir do ano 1982 e a pesar da continuidade no seu labor creador, comezan a manifestárselle os primeiros síntomas do [[Alzeheimer]]. Aínda así, non deixa de conceder entrevistas, participar en programas de radio etc. Mesmo en 1987 recibe o [[Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España|Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil]] por ''Canciones de nana y desvelo''.
 
Nos últimos anos da súa vida entre 1992 e 1996, vivía nunha residencia en [[Majadahonda]]. En setembro de 1992 redacta o seu testamento legando ó concello de CartagenaCartaxena, a súa cidade natal, a totalidade da súa obra literaria e a do seu marido. Os mandatarios da escritora, en virtude do poder outorgado pola mesma, formalizan un convenio que regula a doazón deste legado cultural, cuxo texto definitivo se aproba en 1994. Coa misión de velar polo bo funcionamento e cumprimento dos fins da doazón, así como o fomento das personalidades de Carmen Conde e Antonio Oliver e as súas obras, o Concello de CartagenaCartaxena comprométese neste Convenio a crear o [[Padroado Municipal Carmen Conde-Antonio Oliver]], que se constitúe en 1995; ese mesmo ano inaugúrase o Museo.
 
== Notas ==