Ana Romaní: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Traxectoria ==
Participou na creación da ''Asociación Cultural Catavento'' de Noia ([[1983]]) e da revista artesanal ''Carabela de Xiada'' (Noia, 1983).
Entre [[1985]] e [[1989]] foi [[Actor de dobraxe|actriz de dobraxe]]. En [[1988]] realiza con [[Chema Gagino]] o programa ''A Viborona'' en [[RNE]]-Radio Catro. En 1989 incorpórase á [[Radio Galega]]. Desde [[1990]] dirixe nesta emisora o programa ''[[Diario Cultural]]'', de emisión diaria. Desde este programa promoveuse o libro-CD ''Narradio. 56 historias no ar'', e desde o ano [[2007]] o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico SALU2 PA LOS HATERS Y PA TODOS MIS SEGUIDORES, SE CONTINUAN AS AVARIAS VEREMONOS NA OBRIGA DE PECHAR ESTO. SALU2 DO PARRANDA PA TODOS QUE O TEÑO O LADO.
 
Canda a [[Antón Lopo]] fundou o Laboratorio de Indagacións Poéticas, no que crearon os espectáculos ''Ó outro extremo do paraíso'' ([[1997]]) e ''Lob*s'' ([[1999]]), e coordinaron ''A Boca Aberta. 1ª madrugada galega de espectáculosespect áculos poeticos'' ([[2001]]). En [[2002]] realizou o recital ''Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade'' e ''A voz e o poema. Os periplos de [[Antón Avilés de Taramancos|Avilés de Taramancos]]'', con [[Anxo Quintela]].
 
Participou na creación da revista ''[[Festa da Palabra Silenciada]]'' e na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación. Elabora con outras autoras o estudo ''Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo''. Forma parte da Comisión de Igualdade do [[Consello da Cultura Galega]].