Haroldo II de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 40:
Quedaba ocuparse de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme]]. O duque de Normandía fixera unha campaña masiva en contra de Haroldo, ao que definiu como un home sen honra por faltar ao seu xuramento. Esgrimindo este a promesa que Eduardo lle fixera en [[1052]], Guillerme formou un exército de 7.000 homes e unha frota invasora de 600 naves que arribaron ao sur de Inglaterra o [[28 de setembro]], apenas tres días despois da batalla sobre a ponte de Stamford. Co fin de bloquear a marcha de Guillerme cara a [[Londres]], Haroldo descendeu co seu exército ás présas ata saírlle ao paso nas proximidades de [[Batalla de Hastings|Hastings]] ([[14 de outubro]] de [[1066]]). Durante os momentos iniciais da batalla, Haroldo levou as de gañar, pero perdeu o control sobre as súas tropas e non puido dominar o contraataque normando. Morreu loitando xunto aos seus homes en plena batalla. O [[Tapiz de Bayeux]], tecido para conmemorar a vitoria normanda, reflicte a Haroldo morrendo tras sufrir o impacto dunha frecha nun ollo. Non se pode asegurar que tal feito acontecese realmente, e probablemente sexa un engadido para reflectir o ''prexuízo'' de Haroldo. Durante a [[Idade Media]], a morte polo impacto dunha frecha na cabeza estaba asociada popularmente á falta da palabra.
 
Fose unha frecha ou unha espada a causante da súa morte, o certo é que a súa cabeza quedou esnaquizada tras a batalla, pero o seu cadáver puido ser recoñecido por unha mancha de nacemento. Foi enterrado na [[abadía de Waltham]], en [[Essex]], con honras reais. O sepulcro perdeuse hoxe en día e ninguén sabe onde repousan actualmente os seus restos.
 
== Véxase tamén ==