Diferenzas entre revisións de «Valdés»

m
Municipio
m (→‎Historia: Arranxos varios)
m (Municipio)
| Irmandada con ||
|}
'''Valdés''' é un [[Municipio|concello]] [[España|español]] do [[Principado de Asturias]], e ten como capital [[Luarca]].
 
== Historia ==
Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remóntanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no sitio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e Paredes. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas, Asturias|Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.
 
Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións impide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. Presuntamente os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romanos]] para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podíanse relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. Da época colonizadora romana consérvanse son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de Paredes.
104.752

edicións