Física da materia condensada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Añadido: bg, fa, no, pt, ru
XoseBot (conversa | contribucións)
m ct, cc
Liña 1:
A Física da Materia Condensada é o campo da [[física]] que se ocupa das características físicas macroscópicas da [[materia]]. En particular, refírese ás [[Estado de agregación da materia|fases]] 'condensadas' que aparecen sempre que o número de constituíntes nun sistema é extremadamente grande e as interaccións entre os compoñentes fortes. Os exemplos máis familiares de fases condensadas son os [[sólidos]] e os [[líquidos]], que xorden a partir de enlaces e unións causados por interaccións [[Electromagnetismo|electromagnéticas]] entre os [[átomos]]. Entre as fases condensadas máis exóticas cóntanse as fases [[superfluído|superfluídas]] e o [[condensado de Bose-Einstein]], que se atopan en certos sistemas atómicos sometidos a temperaturas extremadamente baixas, a fase superconductorasupercondutora amosada polos electróns de condución en certos materiais, e as fases [[Ferromagnetismo|ferromagnética]] e [[Antiferromagnetismo|antiferromagnética]] de [[Espín|espíns]] en [[Sistema_cristalino|redes atómicas]].
 
A Física da Materia Condensada é, de lonxe, o campo máis extenso da física contemporánea. Na súa rama teórica foi realizado un grande progreso. Para unha estimación, un terzo de todos os [[Física|físicos]] americanos identifícase a si mesmo como físicos traballando en temas da materia condensada. Históricamente, iste campo naceu a partir da física do estado sólido, que agora é considerado como un dos seus subcampos principais. O termo 'física da materia condensada' foi cruñado, ó parecer, por [[Philip Anderson]], cando renomeou ó seu grupo de investigación - antes 'teoría do estado sólido' - ([[1967]]). En [[1978]], a División de Física do Estado Sólido da [[American Physical Society]] foi renomeada como División de Física de Materia Condensada. O campo de estudo da física da materia condensada ten unha grande superposición con áreas de estudo da [[química]], a [[ciencia de materiais]], a [[nanotecnoloxía]] e a [[enxeñaría]].