Diferenzas entre revisións de «Escudo de Santiago de Compostela»

m
→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|)
 
Na primeira partición, figuran as [[Escudo de Galicia|armas de Galicia]], que foron as do antigo [[Reino de Galiza]], e que se compoñen do emblema heráldico asociado á [[Eucaristía]] ou o santo graal: un [[cáliz (liturxia)|cáliz]] de cor amarela ou dourada (brasonado ''[[Ouro (heráldica)|de ouro]]'') e unha [[hostia]] de cor branca (''[[prata (heráldica)|de prata]]''). A Eucaristía atópase arrodeada (''acompañada'') de sete [[Cruz|cruces]] da mesma cor, tres a cada banda e outra sobre eles, situada na parte superior do campo do escudo (''no centro do [[Xefe (heráldica)|xefe]]'').
 
[[Ficheiro:Escudo Santiago de Compostela.jpg|thumbminiatura|right|135px|Escudo tradicionalmente atribuído a Santiago de Compostela, antes da súa regulación.]]
 
Na segunda división figuran os emblemas propios da cidade, a cor do campo (''[[Esmalte (heráldica)|esmalte heráldico]]'') é o utilizado nas armas galegas, azul (brasonado ''[[Azur|de azur]]''). O elemento central é a urna do sepulcro do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]], representada sobre unha nube e situada so dunha estrela de oito puntas de cor amarela ou dourada. O sepulcro e maila estrela aluden á tradición medieval que narra o descubrimento dos restos do Apóstolo por un ermitán chamado [[Paio (ermitán)|Paio]] grazas a unhas luces nocturnas que ollou na fraga de [[Libredón]].
393.002

edicións