Luís Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Xabier Cid moveu a páxina "Luis Freire García" a "Luis Freire"
m Arranxos varios
Liña 8:
Criouse entre os 3 e os 12 anos en [[Vilalba]], coa súa familia pero en casa dos seus avós maternos, volvendo despois á [[A Coruña|Coruña]]. Estudou por libre o [[bacharelato|bacharelato elemental]] en só dous anos, despois fixo a reválida e o [[bacharelato|bacharelato superior]]. Exerceu de [[enfermaría|practicante]]. Posteriormente desenvolveu a afección polo estudo dos [[insecto]]s, [[araña]]s e [[planta]]s.<ref name=LF/>
 
Comezou [[Bioloxía]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]] aos 57 anos, tras enviuvar, rematando en catro anos ([[1975]]) e realizando posteriormente a [[Licenciatura|tese de licenciatura]] e a [[Doutoramento|tese de doutoramento]], no [[1981]], sobre "Macromicetos da Selva Negra".
 
Impartiu clases de [[Botánica]], e a súa aula estaba tan concorrida que moitos alumnos asistían de pé «porque non se cabía», recorda sempre Marisa Castro, a compañeira de Luís e tamén micóloga de prestixio.<ref name=AA>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2016/10/29/luis-freire-boletus-sabiduria/0003_201610H29C2993.htm "Luis Freire, los «boletus», la sabiduría"]. Artigo de Alfonso Andrade en ''[[La Voz de Galicia]]'', 29-10-2016.</ref>
 
Codirixiu cinco teses de licenciatura sobre flora e [[micoloxía]] de Galicia mentres preparaba a súa de doutoramento, ás que hai que engadir outras oito posteriormente. Publicou máis de 40 artigos, 4 libros e dirixiu dúas [[tese de doutoramento|teses de doutoramento]] de temática [[fungos|micolóxica]].<ref name=LF/>
 
O seu labor micolóxico queda de relevo tendo en conta de que o catálogo de [[cogomelo]]s de [[Galicia]] incluía seiscentas [[especie]]s até a irrupción de Luís Freire; hoxe conta cunhas dúas mil, despois de que el mesmo elevase o seu número en varios centos, incluído o achado para a ciencia de tres novas especies:<ref name=AA/> ''[[Amanita porrinensis]]'' <small>L. Freire & M . L. Castro ex M. L. Castro</small>,{{sfn|Castro|2000|p= 101}} ''[[Gyroporus ammophilus]]'' <small>M. L. Castro & L. Freire</small>,{{sfn|Castro|2000|p= 189}} e ''[[Psathyrella ascarioides]]'' <small>L. Freire & J. M. Losa</small>.<ref>[http://www.vielepilze.de/selten/psat/doubt/ascarioides/esumascarioides.html ''Psathyrella ascarioides'' L. Freire & J. M. Losa 1977], ''in'' Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural '''75''': 9.</ref> <ref>[http://mushroomobserver.org/name/show_name/16801 ''Psathyrella ascarioides''] en Mushroom Observer, Inc.</ref>
 
Foi membro fundador da [[Sociedade Galega de Historia Natural]] —que presidiu desde [[1980]] a [[1986]]—, do Grupo Botánico Galego, do Grupo Micolóxico Galego e da [[Asociación de Amigos da Casa das Ciencias]].<ref name=LF>[http://mc2coruna.org/luis-freire/biografia-es.html Biografía] en [[Museos Científicos Coruñeses]].</ref> <ref>[https://www.hifasdaterra.com/homenaje-a-luis-freire-uno-de-los-grandes-micologos-de-galicia/ Homenaje a Luís Freire, uno de los grandes micólogos de Galicia], en Hifas da Terra.</ref>
 
Ten unha rúa dedicada co seu nome na [[A Coruña|Coruña]], situada na urbanización Breogán. A petición foi feita pola súa familia e avalada sendo alcalde [[Javier Losada]].
Liña 23:
 
== Abreviatura ==
A abreviatura '''L. Freire''' emprégase para recoñecer a {{PAGENAME}} como [[autoridade]] na descrición e taxonomía en [[botánica]] (en sentido amplo).
 
== Notas ==
Liña 38:
 
{{ORDENAR:Freire Garcia, Luis}}
 
[[Categoría:Personalidades da bioloxía de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da botánica]]