Iugurta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Guerra de Iugurta: Arranxos varios
Liña 12:
Iugurta non quedou satisfeito, e no ano [[-113]], invadiu [[Cirta]], capital de Aderbal, incorrendo na cólera de Roma, ao resultar mortos varios comerciantes itálicos alí asentados, ademais do propio Aderbal. Roma viuse obrigada a intervir en [[-111]], nunha breve campaña mandada polo cónsul [[Lucio Calpurnio Bestia]]. Iugurta rendeuse, pero obtivo unha paz moi favorábel, sospeitosa unha vez de máis de ter sido conseguida con subornos. Como consecuencia, [[Caio Memmio]], [[tribuno da plebe]], promoveu unha investigación, solicitando a presenza do propio Iugurta, pero foi vetado por outro tribuno subornado, [[Caio Bebio]]. Iugurta tivo que ir a Roma, pero non chegou a declarar.
 
Reanudada a guerra, Roma enviou ao cónsul [[Quinto Cecilio Metelo o Numídico]], que se enleou nunha campaña interminábel durante cinco anos ([[-111]] - [[-106]]). Impaciente polo curso da guerra, o seu lugartenente [[Caio Mario]] volveu a Roma para buscar o consulado, e unha vez logrado, volveu e tomou a dirección das operacións. Tras unha serie de vitorias importantes, Caio Mario, gañou a amizade de [[Bomílcar]], o irmán da nai de Iugurta e principal lugartenente do rei númida, encomendándolle a misión de depoñer a Iugurta, pero descubriuse a trama e Iugurta executouno cando este se dedicaba a provocar descontentos entre a súa garda.
 
Mario enviou entón ao seu legado [[Lucio Cornelio Sila]] a [[Reino de Mauritania|Mauritania]] para privar de apoios a Iugurta. Sila logrou o apoio de [[Boco I]], e a captura de Iugurta, que foi enviado a Roma cargado de cadeas e executado en [[-104]]