Florete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 5:
O florete é unha espada longa, flexíbel de [[aceiro inoxidábel]], de 500 [[gramo]]s de peso e 90 [[centímetro]]s de lonxitude. A súa principal característica é que ten unha sección rectangular.
 
A garda ten que ter unha circunferencia de entre 9,5 e 12  cm, e a folla ten que ir ao xusto medio da garda. Existen diversos tipos de empuñaduras e [[asa (esgrima)|asas]]: fundamentalmente a de mango dereito e a chamada ortopédica. A de mango dereito, sitúa todos os dedos xuntos ao redor da asa, e é a máis común de usar na aprendizaxe. A ortopédica, que permite un maior desenvolvemento de forza, posto que o [[polgar]] se separa do resto do puño, é a máis usada en competición.
 
A folla do florete eléctrico ten un fío que a percorre enteira e que transmite os impulsos eléctricos dende a punta ata un enganche situado no interior da asa. A sensibilidade de toque nesta disciplina é de 500 gramos de forza, menor cá da [[espada (esgrima)|espada]].
 
A folla do florete, como a do resto das armas da esgrima, ten distintos nomes conforme as partes: a ''espiga'' é a parte da folla que se inserta na [[asa (esgrima)|asa]]; o ''forte'' é a base da folla, máis resistente có resto, e que se usa para as [[parada (esgrima)|paradas]], pero tamén a que ten un movemento máis lento; o ''centro'', ou parte media, onde se desenvolven a maior parte dos contactos entre floretes; e a ''punta'', que é a parte máis frouxa pero máis rápida.
Liña 16:
== Regras ==
[[Ficheiro:Fencing_foil_valid_surfaces.svg|miniatura|dereita|120px|En vermello, a área de tocado en florete]]
A variedade de florete difire das outras dúas (o [[sabre (esgrima)|sabre]] e a [[espada (esgrima)|espada]]) nalgunhas regras e particularidades derivadas da forma e dos usos da arma.
 
A zona de tocado en florete limítase ao [[Tronco (anatomía)|tronco]], é dicir, que non se pode puntuar contra a cabeza, as pernas ou os brazos. Os tocados nestas zonas provocan a detención do combate, pero sen que suba ningún punto ao marcador. Porén, si que se pode tocar nas costas, aproveitando un movemento lateral do contrario, e provocando unha flexión na folla do florete. A ese movemento chámaselle ''flick''.