Diferenzas entre revisións de «Papo»

m
→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
m (Arranxos varios + cda)
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|)
:''Este artigo trata sobre un termo botánico, para o médico franco galego, véxase: '''[[Papus]].''
 
[[Ficheiro:Cirsium arvense - pappus (aka).jpg|thumbminiatura|right|Papus de ''[[Cirsium arvense]]'']]
'''Papus''' (plural ''papi'') é un apéndice de pelos simples ou filamentos plumosos que coroa o [[froito]] de moitas plantas compostas e que lle serve para ser transportado <ref>Tradución da definición atopada na [[Real Academia Española]] da lingua castelá, baixo a voz ''vilano''. Ningún dicionario galego atopado recolle un nome para este concepto, polo que se emprega o termo ''papus'', que ven do latino ''pappus'' e tamén se usa en lingua portuguesa. Xosé Ramón García, na ''Guía das plantas con flores de Galicia'' (Xerais, 1991) utiliza ''vilano'', mentres que [http://www.estraviz.org/papilho Estraviz] propón ''papilho'', forma que coincide cunha das variantes portuguesas.</ref>. É unha estrutura que se atopa nas [[flor]]es e froitos de moitas especies da familia [[Asteraceae]], coma o tarrelo ou [[mexacán]]. Trátase dunha modificación do [[Cáliz (botánica)|cáliz]], onde os [[sépalo]]s se presentan extremadamente ramificados en filamentos, ás veces pinnados. Eses filamentos teñen un papel moi importante na dispersión dos froitos, podendo asumir diferentes papeis, dependendo da especie: poden tornarse leves, facendo que os froitos flutúen ao [[vento]], poden tamén se tornar ríxidos e curvos para prendérense aos [[pelo]]s dalgún [[animal]], entre outras variacións máis ou menos específicas.
 
393.002

edicións