Tempos Novos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m cuestións de estilo
m Arranxos varios
Liña 7:
 
== Historia ==
A súa fundación tivo lugar nun acto celebrado no [[Instituto Galego de Información]] o 11 de xaneiro de 1997, onde "''cento cincuenta persoas converxeron nunha sociedade anónima coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación alternativos e de calidade. Un colectivo plural, representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que configuran a nosa realidade política, cultural e social máis comprometida''"<ref>[http://temposdixital.com/quen-somos/ Quen somos?]</ref>.
 
Ao longo dos seus vinte anos recentemente cumpridos a revista pasou por diferentes etapas sen renunciar nunca aos seus alicerces fundamentais: o idioma galego, o compromiso coa información libre e unha aposta clara polo xornalismo de calidade. <ref>{{Cita web|url=http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/entrevista-a-luis-alvarez-pousa|páxina-web=www.crtvg.es|título=Entrevista a Luís Álvarez Pousa {{!}} CRTVG|data-acceso=2018-01-23|lingua=gl}}</ref> Así, as súas páxinas acollen desde sempre análises da actualidade sociopolítica e cultural, con seccións para a música, a arte, o teatro, os libros e o humor gráfico.
 
Tempos Novos é unha revista editada en papel, cunha aposta clara por este formato, polo que non ten versión dixital, pero si unha páxina web, [http://temposdixital.com/ Tempos Dixital], cun consello de redacción formado por [[Comba Campoy]], [[Paulo Carlos López]], Sara Torreiro, Fran Martínez Hidalgo, [http://galicianfilmforum.gal/team_member/duarte-romero-varela/ Duarte Romero Varela], Denís Fernández Méndez, María Villamarín e [http://galegos.galiciadigital.com/gl/cibran-tenreiro-uzal Cibrán Tenreiro Uzal].
Liña 16:
 
== Rede de colaboradores ==
Actualmente, é habitual ler en Tempos Novos as crónicas políticas do historiador [[Justo Beramendi]], as entrevistas do xornalista [https://www.tebeosfera.com/autores/villamor_canelas_luis.html Luís Villamor] e as reflexións de [[Camilo Franco]] en torno a unha fotografía escollida, así como a opinión de [[Antón Baamonde]], Daniel Álvarez ou as reportaxes de Manuel M. Barreiro.
 
Do mesmo xeito, e entre moitas outras sinaturas de referencia, os lectores de Tempos poden atopar nas súas páxinas as achegas da poetisa [[Alba Cid]] ou da escritora e actriz [[María Lado]], ademais doutras colaboradoras relacionadas con diferentes especialidades ou disciplinas.