Billetes da coroa checoslovaca (1953): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1:
[[Ficheiro:20 Tschech Kronen.jpg|250px|right|thumbminiatura|Billete de 20 Kčs, 1988, anverso]]
Os primeiros billetes da terceira [[coroa checoslovaca]] foron emitidos polo [[Partido Comunista de Checoslovaquia]] en valores de 1, 3 e 5 korun (billetes estatais) e polo Banco do Estado en valores de 10, 25, 50 e 100 korun (billetes). A partir de 1958, foron deseñados novos billetes de 25, 10, 100 korun e finalmente tamén billetes 50 Kčs; por outra banda, os billetes estatais foron gradualmente substituídos por moedas durante os anos 1960. Os billetes de 20 Kčs foron impresos a partir do ano 1970 para substitúi-los billetes de 25 Kčs. O billete de 500 Kčs apareceu en 1973. Comezando coas tiradas de billetes de 1.000 korun do ano 1985, foi introducida unha nova serie, máis uniforme (deseñador: [[Albin Brunovský]]), a cal se lle engadía un novo valor facial cada ano. Este proceso interrompeuse pola caída do comunismo (e, finalmente, pola disolución do país): o novo billete de 100 Kčs emitido en 1989, que amosaba a [[Klement Gottwald]], un destacado líder comunista, foi rapidamente retirado tra-la [[Revolución de Veludo]]. O novo billete de 500 Kčs nunca chegou a ser emitido.