Cabo Touriñán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
m Corrixo a latitude e lonxitude
XoseBot (conversa | contribucións)
m ct, cc
Liña 1:
O '''cabo Touriñán''' ou '''cabo de Touriñán''' é o punto máis occidental da [[Galiza]], e da [[España]] peninsular, sito a 43º 03' 12" de latitude Norte, e 9º 17' 54" de lonxitude Oeste, no municipio de [[Muxía]], na [[provincia da Coruña]].
O cabo é unha pequena [[península]] que se adentra no mar perto de 1 km, tendo na súa parte máis estreita un [[itsmo]] de centenar e medio de metros de ancho, entre os [[coído]]s de ''Balal'' e de ''Cuño''. A altitude máxima son 93 metros sobre o nivel do mar. A estructuraestrutura xeolóxica é granítica. A erosión da rocha propiciou a formación de depósitos de cantos rodados, coñecidos como [[coído]]s e formacíóns de penedías que forman barras pétreas - ''laxes'' - que a marea cubre ou deixa ao descuberto, formándose algún illote como o denominado ''A Ínsua'', na cara Oeste do cabo. A punta occidental do cabo, denominado ''Os Buxeirados'', ofrece unha serie de laxes que penetran no mar uns 300 ou 400 metros, coñecidos como ''A Laxe de Buxeirados'' ou ''Baixos de Buxeirados'', perigosísima para a navegación, onde se teñen rexistrados algúns graves naufraxios de que hai constatación documentar.
 
Dado o agreste da paraxe, a vexetación está basicamente formada de [[queiruga]]s e [[toxo]].