Manierismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 5:
== Historia e características ==
O manierismo orixinouse en [[Florencia]] e [[Roma]], pero finalmente se estendeu ata [[España]], [[Europa central]] e do norte. Tratábase dunha reacción ao [[clacisismo]] que cuestionaba a validez do ideal de beleza defendido no Alto Renacemento, inda que na práctica a transformación dos presupostos clasicismos foi violenta, alteráronse as proporcións, descontextualizaron os elementos típicos do clasicismo: a serenidade fíxose tensión, a severidade tolerancia creativa dando lugar a unha expresión máis dramática na cal predominaban os elementos de sorpresa, as formas helicoidais, as figuras alongadas, o efectismo lumínico como manifestación da crise reinante e da arte elegante e refinada que requería a aristocracia.<br />
O maneirismo preocupábase por solucionar problemas artísticos intricados, como espidos retratados en posturas complicadas. As figuras nas obras manieristas teñen frecuentemente extremidades graciosas pero raramente alongadas, cabezas pequenas e aparencia estilizada, mentres as súas posturas parecen difíciles ou artificiais é dicir ''alla maniera''.
 
A súa orixe etimolóxica provén da definición que certos escritores do [[século XVI]], como [[Giorgio Vasari]], asignaban a aqueles artistas que pintaban "á maneira de...", é dicir, seguindo a liña de [[Miguel Anxo]], [[Leonardo da Vinci|Leonardo]] ou [[Rafael]], pero mantendo, en principio, unha clara personalidade artística. O significado pexorativo do termo utilizarase máis adiante, cando esa "maniera" foi entendida como unha fría técnica imitativa dos grandes mestres.
Liña 12:
 
[[Ficheiro:Giorgio Vasari 001.jpg|miniatura|dereita|Giorgio Vasari.]]
A [[ourivaría]] foi un dos ámbitos máis beneficiados por esta complexa arte, que afectou tardiamente, pero de forma xenial, ó [[El Greco|Greco]].
 
Despois de ser substituído polo barroquismo, foi visto como algo decadente e dexenerativo. No [[século XX]] volveuse apreciar novamente pola súa elegancia e bravura especializada. Entre os artistas que practicaron este estilo están [[Parmigianino]],[[Beccafumi]], [[Benvenuto Cellini]], [[Giulio Romano]], [[Rosso Fiorentino]], [[Agnolo Bronzino|Bronzino]], [[Tintoretto]], [[Hans von Aachen]], [[El Greco]] e [[Federico Zuccaro]].