Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m Municipio
Liña 170:
Mónaco é gobernado por unha [[monarquía constitucional]] dende [[1911]], co [[Príncipe de Mónaco|Príncipe]] como [[Xefe de Estado]]. A rama executiva consiste nun [[Ministro de Estado de Mónaco|Ministro de Estado]] (Xefe de Goberno), quen preside un gabinete (Consello de Goberno) de seis membros. O Ministro do Estado é un cidadán francés designado polo príncipe, que o elixe entre candidatos propostos polo goberno de [[Francia]], que se encarga dos asuntos de defensa e seguridade do principado. Mónaco é, xunto con [[Liechtenstein]] e a [[Cidade do Vaticano]], un dos tres únicos estados en Europa onde o monarca segue tendo un papel activo na política e o goberno.
 
Baixo a [[Constitución]] de [[1962]], o Príncipe comparte o seu poder cun Parlamento unicameral, o Consello Nacional. Os 24 membros do corpo lexislativo son elixidos por medio de votación directa e [[democracia|democrática]], e teñen un período de cinco anos. Eles, cumpren a función de facer as leis e regulamentar os decretos reais. Os principais asuntos locais son dirixidos polo Concilio Comunal, o cal se compón de quince membros elixidos e presididos por un [[alcalde]]. O Concilio Comunal fai as veces de [[Municipio|concello]] e cumpre a función de facer as xestións locais para o seu desenvolvemento.
 
=== Monarquía ===